Skip to Content

6º: FINALISTAS "Galicia, auga, literatura e rap"

Publicamos agora os outros dous vídeos finalistas d@s alumn@s de 6º que participaron no concurso "Galicia, auga, literatura e rap" do Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia e Viaqua.

Son as versións rapeadas dos poemas "Descuberta", na obra “De catro a catro”, de Manuel Antonio  e “A Rosalía” de Manuel Curros Enríquez.

 

 

3º: O RELEVO EN 3D

En 3º traballan as formas do relevo dándolle forma coas súas mans e o resultado son estas maquetas tan chulas!!!

E tamén nos felicitan o Nadal!!!

 

O "CIRCO DOS MUCHACHOS" NO CURROS ENRÍQUEZ

 

Como colofón a un trimestre excepcional pola pandemia da Covid, o remate tamén foi excepcional coa actuación do "Circo dos muchachos" no centro. En tres funcións @s alumn@s de Curros puideron asistir a un espectáculo onde non faltaron os malabaristas, acróbatas... Nos vídeos e fotografías temos a mostra da súa calidade!!

E trala función unha boa chocolatada!!

 

1º: ABX_Aprendizaxe baseado en xogos

 

Dende a clase de 1º de Primaria levamos a cabo ao longo de todo o curso o noso proxecto “Aprendemos xogando”. Trátase dunha metodoloxía na que integramos contidos de diversas áreas (lingua, matemáticas e ciencias) e á vez implementamos a educación emocional.

 

INFANTIL: FELICITACIÓN DO NADAL

 

@s alumn@s de Infantil tamén nos felicitan o Nadal. Mirade os seus traballos e as cancións coas que nos alegran estas datas!!

 

 

 

 

5º: FELICITACIÓN POLÍGLOTA POLO NADAL!

  Os alumn@s de quinto queremos que a nosa felicitación chegue a todos os rincóns do mundo; por iso somos capaces de facelo en diferentes idiomas.
BO NADAL!!
 

 

ALUMN@S 6º: 1º PREMIO "Galicia, auga, literatura e rap"

@s alumn@s de 6º (cursos 2019/20 e 2020/21) participaron no concurso de vídeo "Galicia, auga, literatura e rap" do Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia e Viaqua.

Presentaron varios vídeos e tiveron que superar unha primeira fase, resultando finalmente gañador na categoría infantil o vídeo de Sabela Fernández Fariña, Elena Moreno Poveda, Grettel Pazos Celi e Olalla Sánchez Gómez, coa súa versión rapeada do poema “Os cóbados n-o barandal” de Manuel Antonio. Noraboa a todas!!! Desfrutade do vídeo!

NOTA: Iremos publicando o resto de vídeos que participaron no concurso

 

22/XII: FUNCIÓN DO CIRCO DOS MUCHACHOS NO COLEXIO

 

O vindeiro martes 22 de decembro, véspera das vacacións de Nadal, teremos no colexio ao "Circo de los muchachos", que fará varias funcións para que tod@s @s alumn@s participen do seu espectáculo. E despois... CHOCOLATADA para tod@s!!!

 

 

THANKSGIVING DAY

 

Acción de Gracias é unha celebración que reúne ás familias americanas en agradecemento polos bens recibidos. Kacy , a auxiliar de conversa, explicounos como se vive esta festa no seu país. Nas mesas nunca falta o pavo (turkey) e nós elaboramos unha diadema de pavo.
Alumn@s de 2º
 
 

ANPA PANIAGUA: SORTEO CESTAS NADAL

 

Esta mañá celebrouse o sorteo das cestas de Nadal organizado pola Anpa Paniagua. Os números gañadores das dúas cestas foron os seguintes: 1046 e 1430.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut