Skip to Content

Complementarias

PRIMARIA: EXPRESIÓN MUSICAL

O alumnado de Primaria participa nas sesións de "Expresión musical" organizadas por alumn@s da Facultade de Educación da UVigo.

4º PRIMARIA: HORTA ESCOLAR

 @s alumn@s de 4° participan no traballo realizado por estudiantes de segundo grado de E.P. na materia de Didáctica das Ciencias Experimentais para a creación dunha Horta.

2º PRIMARIA: VISITA Á BIBLIOTECA DA PONTE

@s alumn@s de 2º visitaron a Biblioteca da Ponte, dentro do programa de Animación á lectura da Concellería de Educación.

3º a 6º PRIMARIA: Mural no patio e pintado bolsas de tea

Coa colaboración de Afundación realizamos a actividade "Plantando árbores con pinceis" co pintado dun Mural colaborativo no patio e talleres de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación.


 

BIBLIOTECA: 8M ROBÓTICO

Dende a Biblioteca deseñouse un xogo, Pasapalabra robótico ( Escornabots ), un conxunto de  preguntas relacionadas con libros de temática feminista dos que dispoñemos na biblioteca.

 

5º PRIMARIA: Encontros co autor

@s alumn@s de 5º de primaria participaron na actividade "Encontros co autor" do programa Animación á lectura do Concello de Ourense.
Asistiron a un encontro con Lois Pérez, autor da novela "A gruta da torre".

 

ENDLG: "QUERO CONTARCHE UN CONTO" para Infantil e Primaria

 

4º, 5º, 6º PRIMARIA: "Romaniqueando"

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou no proxecto "Animais míticos do Camiño de Santiago", que propón un achegamento aos nen@s que recolle dezaseis deses seres imaxinarios moi presentes no Románico medieval da Ruta Xacobea por toda Europa. Para iso despois de visualizar as mostras da arquitectura románica do Camiño, @s alumn@s deseñaron os seus propios animais míticos... non volos perdades!!

8M EN INFANTIL

Para Infantil tamén tivemos un contacontos con motivo do Día Internacional das mulleres (8M) coa colaboración da Concellería de Igualdade.

“A gran pequena inventora,” levado a cabo pola compañía TRÉMOLA TEATRO, coa finalidade de concienciar e sensibilizar ao alumnado en materia de igualdade.
Sinopse do contacontos:
A Laura encántalle inventar cousas, por casualidade crea unha piña que fala, e coa axuda da súa nova amiga vivirá aventuras incribles cheas de pompas, música, bailes... aínda que Laura é pequena e unha gran inventora, pero para que as súas creacións funcionen precisamos da vosa axuda!

 

REPARTO LEITE EN INFANTIL E PRIMARIA

 

Como xa sabedes este curso continuamos o Programa escolar    
de Froitas e Leite, subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
No período comprendido dende o 6 ata o 31 de marzo
repartiremos nos recreos leite en envases de 200 ML entre o alumnado de Infantil e Primaria.
AVISADE SE HOUBERA ALGUNHA ALERXIA OU
INTOLERANCIA (TAMÉN HAI UNIDADES DE LEITE
SEN LACTOSA SE FORA NECESARIO).
AS COMUNICACIÓNS A TRAVÉS DAS TITORAS/ES
OU NO CORREO ceip.curros.ourense@gmail.com      
   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut