Skip to Content

Entradas recentes

SEMANA DO SAMAÍN: Actividades do EDLG

Este ano a celebración do Samaín comezou o luns 30 de outubro coa proposta do ENDLG de "Camisetas terroríficas", cun debuxo terrorífico na parte dianteira da camiseta e unha palabra en galego do samaín na parte posterior. Ademais o equipo de espíritus e demais entes misteriosos escenificaron un contacontos de medo en todos os cursos de Infantil e Primaria.

Nota de agradecemento do EDLG.

 

 
 

ENDLG: "Camisetas terroríficas"

ENTREGA MENCIÓNS DE HONRA PRIMARIA

Fixemos entrega dos diplomas de Mención Honorífica @s alumn@s que tiveron un rendemento excelente en todos os ámbitos da súa formación durante a etapa de Primaria. Noraboa a Nerea, Martiño, Sara e Daniel.

BIBLIOTECA: ENTREGA PREMIOS CONCURSO BOOKTUBERS E TRIVIAL LITERARIO

Dende a biblioteca fíxose entrega dos premios aos gañadores do TRIVIAL LITERARIO e do CONCURSO DE BOOKTUBERS que realizamos para conmemorar o Día DO LIBRO. Podedes ver os seus traballos nos enlaces que adxuntamos.

 

5º PRIMARIA: Encontros co autor

Miguel Anxo Alonso Diz, autor do libro INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO, visitounos no centro e desvelou ó alumnado de 5° de Primaria detalles moi interesantes da obra.

 

FESTA FIN CURSO 2022/23

O mércores 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso, financiada pola Anpa e coa colaboración do centro, dentro do horario lectivo. Por fin tivemos a Festa da Escuma para Primaria e 6º de Infantil, e inchables, cars e obradoiros de maquillaxe, globoflexia... para tod@s.
Un día excelente no que tod@s @s nen@s do colexio o pasaron en grande!

 

FESTA FIN CURSO

 

OS MEUS AVÓS, MESTRES DA VIDA

Os alumn@s do CEIP Curros Enríquez participaron no concurso organizado polo Sergas na área sanitaria ourensá e a delegación territorial de Educación, "Os meus avós, mestres de vida", para concienciar sobre o edadismo ou a discriminación por motivos da idade. A alumna de 2º de primaria Carlota Murias Rubín, gañou o 2º premio na categoría de 1º ciclo de Primaria. Noraboa a Carlota!!

6º Infantil, 1º, 2º e 3º Primaria: EXCURSIÓN Ó GROVE

O alumnado de 6° Infantil, 1°, 2° e 3° de Primaria visitaron O Grove, onde navegaron pola ría de Arousa e visitaron o Acuario.

 

CIENCIA DIVERTIDA CON DAVID BALLESTEROS

O luns 12 de xuño visitounos David Ballesteros, divulgador científico que participa no programa Aquelando da TVG. David impresionounos cos seus experimentos e curiosidades....desexando que volva ao colexio pois aprendemos moitiiiiiisimo!!!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut