Skip to Content

Educación Infantil

INFANTIL DE 5 ANOS CON MOITO PULO

 

En Infantil de 5 anos están dispostos a vivir unha nova aventura durante este curso 2016/17, e para collelo con ímpeto recordan con alegría as aventuras do verán, que podedes ver no mural que elaboraron dentro da aula.

                

BENVIDA AOS ALUMN@S DE INFANTIL DE 3 ANOS

 Benvida aos alumn@s de 4º de E. Infantil, que tras un pequeno período de adaptación xa están perfectamente aclimatados no colexio e integrados na comunidade educativa.  

GRADUACIÓN EN INFANTIL DE 5 ANOS

@s alumn@s de Infantil de 5 anos tamén celebraron a súa graduación en Infantil e o pase a Primaria. Discurso de despedida, entrega de orlas e bandas e moitos bicos e agradacementos á profe Pili, que os guiou durante os tres cursos de Infantil.

 

OLLO: DINOSAURIOS NA AULA DE 4 ANOS

 

O mundo dos dinosaurios é un tema apaixonante para os nen@s.

Trouxeron fotos, libros e dinos; cantamos, investigamos, coñecemos moitos tipos de dinos, xogamos a ser o seu dino preferido, contamos contos... e taméeeen nos disfrazamos de Paleontólogos e descubrimos fósiles.

E para rematar construimos unha paisaxe con volcán, con erupción incluida.

Moi divertido!! Mirade as fotos e o video, ides quedar impresionad@s!!!

A INCRIBLE VIAXE AO POLO NORTE!!

 

En Infantil de 4 anos viaxamos xunto coa nosa mascota "PATOSA", unha osiña que como o seu nome indica e moi descoordinada, ao Polo norte.
Coñecemos algúns dos animais que habitan alí ,tamén os esquimais e os seus constumes.
Foi moi divertido!. Eso si, moito, moito frío! Pero co tempo que vai apetecen estas novas tan frescasss...!!

 

INFANTIL DE 4 ANOS CON MIRÓ

 

Este trimestre mergullámonos no mundo de Miró,un pintor e escultor catalán que coas súas cores e formas fixo as delicias d@s nen@s.

 

INFANTIL 3 ANOS: PICASSEANDO

Buscando unha canción para fondo musical do video cos traballos sobre Picasso, enterámonos de que alá polo ano 1968, o pintor escoitou a maqueta da canción "Anduriña", composta por Juan Pardo, e encantoulle. Por este motivo Picasso decidiu facerlle un debuxo que empregaron como contraportada do disco que "Juan e Junior" publicaron nese ano. Por este motivo, a canción do video é "Anduriña" na versión en galego.

Pero ollade o video, que non ten desperdicio, nen pola música nen polos traballos d@s nos@s artistas de Infantil de 3 anos.

 

FELIZ FEROZ: O LOBIÑO RIQUIÑO

Visitounos recentemente o Lobo Feroz, para contarlle as súas experiencias educativas aos alumn@s de 3, 4 e 5 anos de Infantil.

O caso é que pretendía facer malo ao seu sobriño, Feliz Feroz, pero tiña unha difícil tarefa: o lobito era bo, cariñoso, traballador e gústaballe ter amigos.

Ao final descubre que é imposible, porque Feliz Feroz resulta ser un gran cociñeiro.

 

 

AUTORRETRATOS EN INFANTIL DE 3 ANOS

 

 

 

Non hai mellor forma de coñecerse a un mesmo que pintar un autorretrato; mirade que grao de coñecemento teñen @s alumn@s de 3 anos, uns artistas salientábeis!!

 

 

 

 

SOROLLA EN INFANTIL DE 4 ANOS

 

 

Sorolla,un pintor extraordinario!!!! O pintor da luz, que toma o mar a miúdo como protagonista.
Coñecemos un pouco da súa vida, a familia e a súa obra. Gustounos moito!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut