Dende a biblioteca queremos estimular o gusto dos rapaces pola lectura. Agora que estamos dentro do PLAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ) trataremos de ir lanzando propostas que os animen a achegarse ao mundo dos libros.
Para este San Valentín a idea é citarnos cun libro descoñecido que irá envolto e terá mensaxes que nos conviden a lelo. Poden falar do argumento, dos personaxes ou das razóns polas que deberiamos escollelo. Primeiro podemos investigar sobre a orixe desta celebración de San Valentín e criticar o consumismo que a rodea. Despois tocaría escoller os libros partindo da invitación que nos ofrece cada un.
Aínda coas limitacións da pandemia non deixamos de celebrar o entroido no colexio, enchendo de colorido as aulas cos traballos realizados e o patio cos disfraces máis variados. Ademais puidemos disfrutar da actuación de Paco Nogueiras, que provocou moitas palmas cos seus temas máis coñecidos.
@s alumn@s de 5º de Primaria recibiron a visita da autora de "Plan de rescate", Antía Yáñez, dentro do programa de animación á lectura promovido polo Concello. Puideron preguntarlle as súas inquedanzas sobre os personaxes e sobre a aventura que protagonizan!!
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia,@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron na charla virtual impartida pola investigadora na área de Prehistoria da UVigo, Andrea Mouriño. Repasaron os principais puntos da provincia de Ourense con pegadas prehistóricas e debuxaron a súa representación da Arqueoloxía.
O pasado 1 de febreiro celebrouse a entrega de premios virtual aos gañadores do concurso "Galicia, auga, literatura e rap" organizado por Prensa Escuela de La Voz de Galicia e Viaqua.
Como xa sabedes as alumnas de 6º, Olalla, Grettel, Sabela e Elena foron merecedoras do 1º premio infantil, polo que se lles obsequiará cun Ipad a cada unha e un portátil para a clase. No vídeo podedes ver todos os traballos gañadores nas distintas categorías e as entrevistas ás participantes.
A pomba leva no peteiro a bola do mundo na que están representad@s tod@s @s nen@s do colexio, para que todo o ano apliquen os valores que recordamos este día, a paz e a convivencia cordial e inclusiva como motor da educación e o progreso persoal e colectivo.
@s nen@s de 3 anos descubrimos un pouco mais das ovellas : as partes do seu corpo, de que se alimenta, onde vive, que obtemos dela e moitas cousas máis...
E sabedes... disfrazámonos de ovellas. Que guap@s!!!!!!
Co obxectivo de traballar a lectura, a creatividade e a expresión oral, @s alumn@s de 1º responderon a este reto durante as vacacións do Nadal: escolleron unha lectura (conto, cómic, receita...) e crearon unha produción orixinal relacionada coa lectura, empregando materiais que tiñan na casa. Mirade o resultado!!!