Skip to Content

Entradas recentes

CONVIVENCIA ESCOLAR EN MANZANEDA

 

@s alumn@s de 6º de Primaria acudiron o pasado 19 de maio ás instalacións da Estación invernal de Manzaneda para celebrar a Gran Festa Fin de Curso 2015 La Región. Alí xuntáronse con máis de 600 compañeir@s doutros centros da provincia e participaron conxuntamente nunha morea de actividades: orientación fotográfica, natación, remontes na telecadeira, circuito de spa, jumping... Que envexa!!

Lede neste enlace as experiencias que viviron ese día: non se esquecerán en moito tempo!

INFANTIL NO TREN DAS TERMAS

@S alumn@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos foron de ruta termal, nun paseo guiado no Tren das Termas desde a Praza Maior ata as pozas termais de Outariz.

INFANTIL NA BIBLIOTECA PÚBLICA

 

@s alumn@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos acudiron á Biblioteca Pública de Ourense, na que lles explicaron o sistema de clasificación dos libros nas estanterías, onde deixalos despois de lelos e tamén que podían sacar en préstamo libros, películas e xogos interactivos.

Despois participaron nunha actividade de animación á lectura coa lectura dun conto. Que boa experiencia para estes devoradores de contos!!

 

VISITA Á POLICÍA NACIONAL

O día 7 de abril, os alumnos de 6º curso fixemos unha saída á Policía Nacional.

Vimos moitas cousas coma os coches, os chalecos antibalas, o heliporto, as esposas, os calabozos, onde, por certo, había un preso, as salas onde se presentan as denuncias e a oficina de violencia de xénero.

Cando chegamos a oficina de violencia de xénero, o primeiro no que nos fixamos foi nunha imaxe na que se podía ver como un home quería máis á súa muller pero cada vez que a quería máis, a maltrataba máis... Foi moi impactante.

Ao rematar, déronnos un carné infantil de policía.

Foi moi interesante ver como facían o seu traballo.

Paz Calviño e Ruth Grela (6º)

 

INFANTIL NA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 

@s alumn@s de Infantil de 4 anos participan na "XXVI Exposición de Animación á Lectura" organizada pola Concellería de Educación, co conto que elaboraron na clase, "VIAXAR CON ARTE OU A ARTE DE VIAXAR".

Esta tempada, ata o mes de xuño, estará exposto no Museo Municipal. Podedes velo aquí, así que preparádevos para a viaxe, que faredes moitos quilómetros...!!

XOGOS POPULARES

 

Durante 3 sesións @s alumn@s de 5º de Primaria participaron nun obradoiro de xogos populares, desenvolvido por Lito, monitor do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Os xogos foron do máis variado: tabas, peóns e a "porca", este último antecesor do hocquei herba e hocquei sala, deporte que practicamos todos os anos no colexio.

 

DÍA DO LIBRO

 

En 2015 conmemórase o IV centenario da publicación da segunda parte do libro máis universal da literatura española: “Don Quijote de la Mancha”.

Como o 23 de abril foi o Día Internacional do Libro, no ciclo de Infantil elaboraron un mural co tema do "Quijote", que podedes ver aquí.

 

 

 

 

A FESTA DOS MAIOS

 

A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3.

@s alumn@s de Infantil e Primaria fixeron estes maios para celebrar a chegada da Primavera. Entrade para velos...!!

DÍA DA NAI

 

 

@s alumn@s de 2º fixeron estes agasallos para celebrar o Día da Nai. Este día celébrase en moitos países e culturas, se queredes podedes ampliar información neste enlace.

Ollade que traballos máis vistosos e cargados de cariño para as mamás (as letras son imáns para pegar nun soporte metálico).

DEPORTE DE ORIENTACIÓN

Nesta semana @s alumn@s de 6º participaron nunha sesión de deporte de orientación no Parque Miño, dentro do programa "Actividade lúdica" do Xogade (Deporte Escolar).

Esta modalidade deportiva consiste en realizar unha carreira, a través dun espazo (normalmente terreo natural), no que hai colocadas un número conocido de balizas, que cada corredor debe encontrar e visitar. O número de balizas, a lonxitude do percorrido (ou extensión do terreo utilizado) e a dificultade do terreo (costas, bosque, obstáculos naturais, etc.) son variables e escóllense en función do nivel dos participantes.

O obxectivo da carreira é completar o percorrido (pasar por todas as balizas) no menor tempo posible valéndose tan só da información aportada polo mapa e en todo caso coa axuda do compás como instrumento de apoio para orientar o mapa e a nós mesmos.

Pasámolo moi ben, así que trataremos de repetir a experiencia en máis ocasións.
     Máis información
Distribuir contido


by Dr. Radut