Coincidindo coa conmemoración do Día Internonacional da Poesía (21 de marzo), os alumn@s de 4º participaron na actividade "Os nosos versos", dentro do programa de Animacion á lectura da Concellería de Educación.
O día 19 de marzo acudiron á escalinata de Sta. María Nai, xunto cos cursos de 4º doutros colexios do concello.
Alí recitaron unha poesía, acompañando coa expresión corporal para resaltar os contidos da mesma. Resultou moi emotivo, pero o mellor é que vexades o video e as fotografías para poder comprobalo!!
O martes 10 de marzo, a clase de 4° participou nunha actividade sobre a auga. Primeiro baixamos á aula de informática para ver un video sobre o percorrido que fai unha gota de auga ata que sae pola billa no colexio ou na nosa casa, pasando primeiro pola depuradora e pola potabilizadora.
Logo fixemos uns divertidos experimentos:
Un deles fixémolo con auga salgada, envasada e auga da billa.Tiñamos que ir probando cada unha de elas e dicir se había algunha diferenza, pois a cor era a mesma. A do grifo e a normal sabían prácticamente o mesmo, pero a outra sabía a mar. Explicáronnos que tiñan un aparato que se utilizaba para controlar o nivel de minerais da auga somente metendoo nela.
O experimento no que máis nos rimos foi no do globo . O monitor puxo un globo encima da cabeza dun neno e cun acendedor... PUM...!!!. Despois probou cun globo cheo de auga pero non estoupou. Fixemos tamén unha depuradora caseira con diferentes filtros de algodón e filtros de papel de cafeteira. Por ultimo, fixemos un xogo no patio no que participamos todos/as. Por grupos fomos expresando co noso corpo os diferentes sitios por onde pasa o auga dende os ríos ou encoros ata as nosas casas. Falamos tamen de como podemos aforrar auga e que cousas debemos facer para NON CONTAMINALA.
Como traballamos moito recibimos UN DIPLOMA de VIXIANTE OFICIAL DA AUGA.
O luns 2 de marzo o alumnado de 4° de primaria, fomos ao Concello, na praza Maior. Entramos no Salón de Plenos e sentámonos nos diferentes escanos dos concelleiros. O salón era moi bonito, con tódalas paredes pintadas dunha cor salmón. No teito e nas paredes había escudos de Ourense, incluso nos sillóns da mesa Presidencial.
A encargada do protocolo explicounos algunhas cousas sobre as persoas que saen elixidas nas votacións municipais que se realizan cada 4 anos. En total hai 27 concelleiros/as. Algúns nen@s subiron á mesa presidencial e sobre un libro prometeron o cargo coma si foran os novos concelleiros/as. Detrás da mesa habia un retrato do Rei Felipe VI. Ah! Nos escanos dos concelleiros había micrófonos.
Na última parte da actividade explicáronnos as partes dos escudos de España, de Galicia e de Ourense, e o significado de cada unha delas. Sabíades que hai catro tipo de coroas? Pois si. Hai coroa de principe, ducal, real e mural. A coroa real podémola ver na parte de arriba do edificio do Banco de España, na rúa do Paseo.
O curso pasado, @s alumn@s que este ano están en 4º de Primaria fixeron estes comics sobre o conto de Curriña, a mascota da biblioteca. Tédela visto? Fixádevos o próximo día que vaiades á biblioteca. Mentres tanto ollade estes cómics e o conto de Curriña.
@s alumn@s de 4º ofrecéronnos un miniconcerto, para amosar aos seus compañeir@s os seus avances no dominio do instrumento. Todo esto nun contexto de ledicia polas inminentes vacacións de Nadal e cun punto de tristura pola marcha da profe "Tati".
O 29 de outubro os alumn@s de 4º de Primaria asistiron a unha función teatral: "Antía, Wamba e o regato pequeno" no Auditorio Municipal, pasárono tan ben que ata participaron na obra, neste cole temos uns grandes artistas!!
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense convidou aos alumnos de 3º de Primaria do noso Colexio a participar no obradoiro "Ludus, a xogar como romanos!". Os romanos eran moi afeccionados ó xogo. Nenos e adultos xogaban na casa, na rúa, no foro e incluso cando viaxaban. Moitos dos xogos romanos sobreviviron ata hoxe en día, pero a era dos videoxogos e da Internet provoca que moitos nenos tendan a xogar no interior das súas casas a xogos individuais e moitos xogos dos seus pais e avós, cuxa orixe está en Roma, estean agora en desuso. Con este obradoiro os nenos achegáronse aos xogos cos que se entretiñan os nenos –filius- romanos. Xogos de tipo motriz e intelectual, cos que viaxamos no tempo ata o século I a V, cando os romanos vivían nas nosas terras.
A actividade completouse coa fabricación de xogos que facilitaron unha aprendizaxe lúdica e activa. Esta actividade enmárcase dentro da programación con motivo do Día Internacional dos Museos. Este ano co lema: “Os vínculos creados polas coleccións dos museos”.
CLICADE NA FOTOGRAFÍA PARA VER O RESTO DAS FOTOGRAFÍAS DO OBRADOIRO
O 21 de marzo, que é o primeiro día da primavera, celébrase o Día da Poesía .
@s alumnos de 3º celebrámolo cun recital de música e poesía para fomentar a lectura de poemas. Ese mesmo día tamén se celebra o Día da árbore, como un recordatorio da importancia de protexer os bosques, e para festexalo, acostúmase plantar árbores.
Nós este ano non plantamos ningunha árbore pero fixemos unha exposición das árbores máis frecuentes do noso contorno, co seu nome en galego e en castelán.
O mércores 24 de abril visitamos á Policía Local. Fixemos o percorrido camiñando pola beira do río, no barrio da Ponte, ata a ponte do Milenio, onde sacamos unha foto de toda a clase. Cando chegamos , ensináronnos un plano da cidade de Ourense onde aparecían todos os semáforos (luz verde funcionaban , luz vermella estaban estropeados). A continuación pasáronnos a unha sala onde a xente viña a facer as denuncias ou a solicitar algún permiso. Tivemos que falar moi baixo para que puideran seguir traballando. A sala seguinte foi moi interesante. Era unha sala como a que aparece nas películas, chea de pantallas onde controlaban o tráfico das diferentes zonas da cidade. Tamén nos ensinaron a sala de tiro. Alí puidemos ver as dianas para a práctica de tiro e explicáronnos como era unha bala por dentro. Explicáronnos que para que o ruído non afectara aos oídos tiñan que utilizar auriculares e que para que non rebotaran as balas, todas as paredes e o chan estaba recuberto de caucho. Por último, ensináronnos os coches e a motos que utilizaban. O coche que utilizan cando deteñen a unha persoa, ten o asiento de atrás separado por un plástico moi duro para que non poidan agredir aos policías, e as portas soamente se poden abrir dende fóra. Puidemos entrar nel e escoitar a bucina.