Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celebrase nos centros de ensino o Día escolar da Non-Violencia e da Paz.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a Paz. Neste día, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Mirade que traballos fixemos para conmemorar este día tan arraigado no noso colexio!!
|
|
|
|
|
A Sala de Exposicións Afundación de Ourense abre as súas portas a unha magnífica mostra do Museo Arqueolóxico, un completo percorrido polos grandes nomes da arqueoloxía galega e algunhas das pezas máis emblemáticas da sala ourensá. Fotografía, arte prehistórica e coñecemento cun programa escolar adaptado a todas as idades. Mirade os distintos obradoiros nos que participamos durante o mes de xaneiro e ao que asistimos todos os ciclos. |
|
|
Estas son algunhas das actividades complementarias nas que participaron @s alumn@s do centro durante o 1º trimestre do curso:
|
|
|
|
O Nadal é fonte de inspiración de moitos traballos, tanto en Infantil como en Primaria, e senon comprobadeo nos enlaces das fotografías.
|
|
|
|
|
|
@s alumn@s de Infantil, coa colaboración das súas nais/pais, decoraron a súa propia árbore de Nadal. Mirade que variedade de elementos decorativos e colorido temos nos traballos que presentaron!!
|
Felices festas á comunidade educativa do CEIP Curros Enríquez. Esta é a felicitación elaborada coas postais gañadoras do concurso celebrado no colexio.
|
|
Grazas á colaboración da ANPA chegou ao colexio o Apalpador, directamente dende o Courel. Entre contos e cancións transmitiunos o seu amor pola natureza e a necesidade de colaborar tod@s na súa protección.
|
|
O 10 de novembro, véspera do S. Martiño, celebramos do Día do Magosto no colexio. Circuito de xogos, fogata, castañas asadas e moita troula. Mirade os testimonios gráficos desta festa tan ourensá.
|
|