Skip to Content

Entradas recentes

EDITORIAL "OS DE 2º"

 

 

En 2º seguen evolucionando na expresión escrita, e agora sorpréndennos cunha descrición que podedes ler clicando no debuxo.

Ademáis, quedara sen publicar un conto ilustrado do curso pasado que agora ve a luz para que o desfrutedes!

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

O día 22 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2016/17.

Houbo un pouco de todo: bailes, teatro,... e como non, a entrega de diplomas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.

Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.

Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)

 

 
   

VELÁZQUEZ VISTO POR INFANTIL DE 5 ANOS

Ao longo deste curso descubrimos a este gran pintor español chamado Diego Velázquez. Coñecimos de cerca a súa vida e a súa obra Pintamos un dos seus cadros máis importantes, "Las meninas", sobre o cal organizamos un concurso para que todo o colexio coñecera esta excepcional pintura e buscara o cazapo que o diferenciaba do orixinal. Por último, realizamos unha campaña de difusión sobre Velázquez, explicándolle noutros cursos todo o que aprendimos sobre este gran pintor.
     

Ademais fixemos un traballo para levar a casa e recordar a obra de Velázquez.

Tanto nos metemos no papel do pintor que elaboramos cadanseu cadro de "Las Meninas", dun xeito moi personalizado...

Comprobadeo!!

 

TEATRO EN INGLÉS: "PINOCCHIO"

Os alumn@s de 6º de Infantil e 1º Primaria  asistiron a unha obra de teatro íntegramente en inglés, unha ferramenta lúdica que estimula aos alumnos e alumnas no aprendizaxe da lingua inglesa.

Geppeto, un humilde carpinteiro que sempre desexara ter un fillo, talla unha marioneta de madeira con la forma dun neno. Unha noite a Fada Azul da vida á marioneta á que Geppeto chamará Pinocchio.
Na vida de Pinocchio aparecerá Stromboli, un pícaro rufián e a boca enorme dunha balea

Unha historia con travesuras, humor e moita tenrura, coa que o pasaron en grande os máis pequenos!

 

 

LETRAS GALEGAS 2017

O pasado 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao ourensán Carlos Casares. Botade unha ollada para ver os traballos que elaboraron os alumn@s do colexio para conmemorar este día tan sinalado para a lingua galega!  
   

6º: VISITA Á COMISARÍA DA POLICÍA NACIONAL

 

 

@s alumn@s de 6º visitaron a Comisaría de Policía,para coñecer de preto o traballo que realizan os axentes. Pero mellor facede a visita connosco no enlace que adxuntamos!!

 

 

 
 

 

EXPOSICIÓNS ORAIS EN 6º

 


Os alumnos de 6º de primaria fixeron  unhas exposicións orais que presentaron diante dos seus compañeiros da clase. E non pensedes que é cousa fácil. Os temas foron diversos e interesantes, todos aprenderon moitas cousas novas.
Algúns axudáronse de imaxes, diapositivas, vídeos, murais...

PASOS PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN PERFECTA:

1. Escoller un tema que coñezas e que che guste.
2. Recolle información sobre o tema.
3. Podes axudarte de diversos elementos: diapositivas, imaxes...
4. Debes practicala oralmente na túa casa.
5. Tamén é importante a xesticulación.
6. Por último, expor con tranquilidade e amosando seguridade.


DÍA DO MEDIO AMBIENTE EN 6º

 

 

A idea deste traballo é a defensa dos medios de transporte público como forma de reducir a contaminación e o quecemento global. Para este fin, houbo un concurso de ideas para trípticos que fomenten o uso do BUS como medio de transporte público.

Logo gravouse un vídeo onde cada equipo defende as consignas dos  trípticos.Por último, entre tod@s os compañeir@s da clase crearon unha canción para transmitir as IDEAS do proxecto, que está no final do video.

 

 

 

4º: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día do Medio Ambiente, e @s alumn@s de 4º, que fixeran unha plantación de nogueiras no patio do colexio, levaron cadansua nogueira para plantalas nas súas fincas e poder comer noces dentro duns anos. Un xeito nutritivo de coidar o medio ambiente e contribuir á redución do efecto invernadoiro!!

 

GATUXO: INFANTIL 3, 4 E 5 ANOS

 

 

Dentro da programación para Escolares Afundación, asistimos no Auditorio á representación de “Gatuxo”, de Magín Blanco.

 En cada un dos espazos recreados representase a evolución do bebé. Grandes aventuras agardan por el: aprender a comer só, descubrir a risa, comezar a gatear, emitir os primeiros sons e verbas, xogar, dar os primeiros pasos, bailar...

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut