Skip to Content

"ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES" NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O día 24 de febreiro celebramos o Dia de Rosalía de Castro, e para iso os nen@s de Infantil recitaron o poema de Rosalía, "Adios, ríos; adios, fontes".

Pero o mellor e que vexades neste vídeo o ben que o fixemos!!

 

OS PEIXES DE 1º

 

 

@s alumn@s de 1º están sumerxidos no estudo dos peixes. Mirade a súa aula, cos peixes nadando polo medio, e comendo as algas que naceron no fondo da clase.

 

INFANTIL AO TEATRO: "AURORA"

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Ourense, nesta ocasión coa obra "Aurora" da compañía Elefante Elegante Teatro.

A función, dirixida a escolares de 3 a 6 anos, conta a historia de Aurora, unha curuxa á que lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece voa feliz, axita as súas ás e asubía coma o vento. Mais ao amencer énchese de tristeza, o sol queima a súa plumaxe e cega os seus ollos. Só o seu amigo o Aviador tentará todo para axudala, mais... será posible vivir nun mundo sen sol?

 

XORNADA DE ENCONTRO COS PAIS/NAIS DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN

Ante o inicio do período de solicitude de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2016-2017, o martes día 23 de febreiro, ás 17 horas, estaremos no centro a disposición dos pais e nais do alumanado de nova admisión que queiran visitarnos, intercambiar impresións ou aclarar calquera dúbida que se lles plantexe.

Lembrámoslles que o prazo para solicitar admisión de cara ao vindeiro curso é do 1 ao 20 de marzo. Este último, por non ser día hábil, cámbiase polo día 29 do mesmo mes.

O día 29 de febreiro, publicarase toda a información sobre o proceso no taboleiro de anuncios do centro e na web.

3º E 4º CON ODAIKO PERCUSSION GROUP

 

@s alumn@s de 3º e 4º asistiron no Auditorio Municipal a unha actividade organizada pola Área educativa de Afundación: "Cousas de 4", de Odaiko Percussion Group.

Catro son os elementos que definen o espectáculo: instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas miradas e moita improvisación e efecto sorpresa.

Páxina web Odaiko

DÍA DA PAZ

 

 

O  30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz. A mensaxe básica é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".

 

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia,o  respecto aos Dereitos Humáns, a non-violencia e a paz son motivos para recordar este día.

Aquí tedes os traballos realizados polos alumn@s de Infantil de 3 e 4 anos, con moito Amor e Concordia!!

 

 

DESFILE DE ENTROIDO NO CURROS

Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o desfile de entroido. O patio encheuse de colorido cos disfraces de vaqueir@s, Chineses, masai e hawaian@s.

Pasámolo moi ben, e proba delo é a colección de fotografías que podedes ver!!

 

 

 

ENTROIDO EN INFANTIL

Os nen@s de infantil traballaron moito no entroido para ter outras alternativas de disfraz para estes días tan trouleiros. Ollade cantos traballos fixeron!!!

 

@S DE 4º COMEZAN O DÍA CON ENERXÍA

O día 14 de xaneiro @s alumn@s de 4º de Primaria participamos nunha actividade na que aprendemos a almorzar de xeito saudable. Nela ensináronnos algunhas cousas sobre os alimentos e puidemos facer prguntas para aclarar as nos@s dúbidas.

De seguido fixemos un xogo que consistía en pegar nun cartón de leite as fases que atravesa o leite ata chegar aos supermercados.

E por último, tomamos o almorzo que nos prepararon.

Grazas a esta actividade saberemos como almorzar de xeito saudable acotío, para vir ao colexio con máis enerxía.

 

Claudia, 4º de Primaria

 

 

A PITA DAS EIROÁS

 

O pasado mércores contamos no cole coa presenza de Lois Pardo, membro da Asociación Amig@s da Pita que nos veu a falar do Entroido, das diversas máscaras do noso país e da Festa da Pita, que inclúe varios días grandes de celebración e troula: o domingo Fareleiro, o domingo Oleiro e o martes de Entroido, que comeza pola mañá co folión polas rúas das Eiroás, segue coa escenificación teatral de Voda de Pita, con comida-banquete de voda baixo carpa, concurso de disfraces amenizado cunha orquestra e remata o día coa queima do Meco. 

Tamén compartimos a visita dunha Pita das Eiroás que falou dos compoñentes do traxe e da carauta, e fixo soar as chocas do seu cinto para todos nós.

Ademais @s alumn@s de 5º e 6º decoraron as olas para celebrar o "domingo oleiro" no colexio, que en realidade foi un "venres oleiro", pero pasámolo igual de ben lanzando as olas, que se resistían a romper !!!
 

 

 Para máis información sobre a pita das Eiroás  www.festadapita.eu
Distribuir contido


by Dr. Radut