Skip to Content

Entradas recentes

O ÁRTICO ROMPE: 3º A 6º PRIMARIA

 

@s alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º visitaron a exposición da Obra Social ”la Caixa” "O Ártico rómpese". Ten por obxecto mostrar a singularidade dos ecosistemas do Polo Norte, detallando o importante papel que xogan no clima global, así como as súas
características físicas e a súa biodiversidade. E todo isto, a través dun cento de abraiantes fotografías dun dos máis prestixiosos fotógrafos de natureza, Andoni Canela.
 Para coñecer máis de preto estes valiosos ecosistemas e valorar a súa importancia, a mostra preséntase dividida en catro ámbitos: o clima ártico, a vida nunha situación extrema, a pegada humana e as luces do norte.

 

 

 

3º A 6º PRIMARIA: OBRADORIO GAS NATURAL

 

@s alumn@s de 3º a 6º de primaria participaron nun obradoiro que a Fundación Gas Natural realizou no colexio.
Puideron descubrir a orixe do gas natural, o seu uso como fonte de enerxía, a súa composición e os estados
nos que se atopa.

4º PRIMARIA: "SOMOS CIENTÍFICOS"

 

En 4º realizamos moitas experiencias que nos demostran que o dito "a experiencia é a nai da ciencia" é totalmente certo. Se queredes participar dos nosos experimentos, entrade na galería de fotografías!

 

6º INFANTIL: DE VACACIÓNS A MARTE

 

@s nen@s de 5 anos viaxamos ao Universo e descubrimos planetas, estrelas, constelacións, a lei da gravidade, os movementos da Terra, as fases da Lúa... Tamén traballlamos a obra de Van Gogh "A noite estrelada". Encantounos elaborar os foguetes cos que viaxamos ao espazo. Unha viaxe da que fixemos moitas fotografías e traballos que podedes ver nos seguintes enlaces!!

 

5º INFANTIL: PROXECTO "OS PIRATAS"

 

 

No último trimestre do curso os nen@s de 4 anos surcaron os mares no seu navío pirata, e abordaron unha morea de novos coñecementos que gardarán coma se dun tesouro se tratara. Algunhas das xoias dese tesouro quedan retratadas nos atallos que aquí vos presentamos!!

 

INFANTIL 3 ANOS: PROXECTO "AS ABELLAS"

 

No último trimestre do curso @s nen@s de infantil de 3 anos investigaron sobre as abellas e o proceso de produción do mel. Revisade os seus traballos se qeredes aprender máis sobre este rico manxar.

5º E 6º DE EXCURSIÓN

No mes de xuño @s alumn@s de 5º e 6º foron de excursión para visitar os seguintes enclaves ourensáns: Castro de S. Cibrán de Lás, Piscifactoría do Carballiño e Mosteiro de Oseira. Aínda que o tempo non acompañou, puidemos cumprir todo o programa e pasalo moi ben. Revisade as fotografías e tamén os comics que elaboraron en 5º para recordar as visitas realizadas.

 

 

INFANTIL E PRIMARIA: "MEL DE GALICIA"

 

Visitounos no centro unha experta da Denominación de Orixe "Mel de Galicia", que lles explicou aos alumn@s de infantil e primaria o proceso de elaboración do mel. Ao finalizar a charla, puideron degustar unha mostra de mel que fixo as delicias de tod@s!

 

3º: POLO MEDIO AMBIENTE

 

No laboratorio de 3º o mesmo estudan a estrutura da flor como montan un viveiro de árbores. A partir de sementes de castiñeiro obterán os exemplares que logo serán transplantados para contribuir á reforestación do noso monte, con especies autóctonas coma o castiñeiro.

 

 

 

5º-6º: NAVEGANDO CON RUMBO

 

@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria, como nativos dixitais, recibiron unha charla sobre a seguridade na rede, impartida por un enxeñeiro informático ao que fixeron moitas preguntas. Se queredes saber de que falaron, lede as redaccións que atoparedes no enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut