O Día Europeo do Deporte Escolar (ESSD) é un día escolar dedicado a divertirse, a xogar xuntos, para promover a actividade física e a saúde para todos. Dende o año 2017 consolidouse como o evento de maior impacto no marco da Semana Europea do Deporte.
No colexio tamén participamos neste evento o pasado 27 de setembro, e para que poidades ver o ben que o pasamos, botarlle unha ollada ás fotos e videos.
|
|
O pasado sábado 9 de febreiro celebrouse nas instalacións de Monterrei a Final Provincial de Campo a través. Todo un éxito para @s nos@s atletas, xa que Usúe Bernárdez Jares acadou o primeiro posto en Benxamín feminino, e Mateo Lorenzo a terceira praza na categoría Benxamín masculino.
Noraboa aos dous polos seus excelentes resultados!!!!
|
|
O pasado sábado 19 de xaneiro @s atletas de Curros Enríquez clasificad@s na fase previa asistiron á fase comarcal: Usúe Bernárdez e Laura Cruz en benxamín feminino (1º e 7º postos), Mateo Lorenzo en benxamín masculino (1º posto) e Candela Currás (11º posto) en alevín feminino.
Noraboa a tod@s pola excelente carreira que realizaron, e ańimo para @s benxamíns que clasifican para a Final Provincial do vindeiro sábado 2 de febreiro.
|
|
|
Na mañá do xoves 13 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. Acudimos con 112 atletas, dos que resaltamos un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.
Compre destacar o 1º e 2º postos de Usúe Bernárdez Jares e Laura Cruz Núñez en Benxamín feminino; o 2º posto para Mateo Lorenzo en Benxamín masculino; o 1º posto para Candela Currás Fernández en Alevín feminino e o 1º e 3º postos para Julia Fernández Margusino e Paula Conde Moyano en infantil feminino.
Podedes consultar a clasificación no PDF adxunto.
Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!
|
O pasado 26 de abril viaxamos a Ribadavia para participar nunha competición de deporte escolar, na modalidade de "Xogando co atletismo".
Asistiron 57 alumnos de Primaria, de 2º a 6º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, feminino e masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.
A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico no que se desenvolveron as probas. Esperamos volver o ano próximo!
|
|
@s alumn@s de 5º participaron nun obradoiro de xogos populares impartido por Lito, que pertence ao "Centro de cultura popular Xaquín Lourenzo" da Deputación de Ourense.
O Obradoiro consistiu en dúas sesións nas que practicaron os seguintes xogos: aros, zancos, peóns e tabas.
Mirade o ben que o pasamos!!
|
|
Na mañá do xoves 14 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. Acudimos con 115 atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.
Compre destacar o 1º e 2º postos de Candela Currás Fernández e Julia Fernández Margusino en alevín feminino; o 3º posto de Usúe Bernárdez Jares en benxamín feminino e o 3º posto de Roi Currrás Fernández en alevín masculino.
Podedes consultar a clasificación no PDF adxunto.
Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!
|
|
Un total de 82 atletas do CEIP Curros Enríquez participaron na última edición da "San Martiño", que se celebrou o pasado 19 de novembro. Noraboa a tod@s @s participantes. Aquí tedes un resumo da clasificación e se queredes máis información podedes entrar no seguinte enlace.
|
|
|
|
O pasado 27 de abril viaxamos a Ribadavia para participar no "Xogando co atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.
Asistiron 56 alumnos de Primaria, de 2º a 6º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, tanto feminino como masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto de altura, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.
A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas. Esperamos repetir o curso próximo!
|
|
Na mañá do xoves 15 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. A mañá estaba fría e con neboa, pero non choveu, polo que un ano máis o tempo respetounos para poder celebrar a proba.
Acudimos con cen atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.
Compre destacar o 2º posto de Candela Currás Fernández en benxamín, o 3º posto de Julia Fernández Margusino e o 4º de Roi Fernández Currás en alevín e o 3º posto de Candela Nóvoa Morales en Infantil.
Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!
NOTA: Para poder consultar o posto na carreira, tedes que consultar primeiro o voso Nº de DORSAL e logo comprobar a posición acadada no arquivo dos RESULTADOS.
|
|