Skip to Content

Educación Infantil

INFANTIL: O INVERNO

Que mellor momento para publicar os traballos do inverno que agora cando neva e vai tanto frío en toda Galicia. Disfrutade destes días admirando os traballos realizados en Infantil!!

 

 

AS EMOCIÓNS EN INFANTIL DE 3 ANOS

Cando descubrimos algo novo, as emocións xeneran o caldo de cultivo para facer que eses aprendizaxes nos deixen pegada. Por iso xa desde Infantil de 3 anos traballamos identificando as distintas emocións con este método tan gráfico. Botádelle unha ollada!!

 

5º INFANTIL: O PROXECTO DOS DINOSAURIOS

 

Durante o primeiro trimestre @s alumn@s de infantil de 4 anos desenrolaron o proxecto dos dinosaurios, polo que se converteron nuns paleontólogos de alto nivel. Mirade os traballos de campo  e de aula que fixeron nesta tempada!

CHEGARON OS REIS!!

 

Á volta das vacacións de nadal atopámonos coa grata sorpresa de que os Reis Magos deixaron un montón de regalos para as aulas de Infantil.

Mirade que festa na apertura dos regalos!!

 

 

CAMPÁS DE NADAL

 

@s alumn@s de Infantil, coa colaboración das súas nais/pais, decoraron a súa propia campá de Nadal. Mirade que variedade de elementos decorativos e colorido temos nos traballos que presentaron!!

 

BENVIDA AOS ALUMN@S DE INFANTIL DE 3 ANOS

 

Dámoslles a benvida aos alumn@s de Infantil de 3 anos que despois dun pequeno período de adaptación xa están perfectamente aclimatados no que xa é o seu cole. Mirade que ben posaron nestas fotos do "Primeiro día de cole".

 

CHEGA O OUTONO POR FIN!!

Aínda que este curso abordar o tema do outono resultou un pouco complicado porque o verán non quería deixarnos, por fin baixaron as temperaturas, chove algo, caen as follas... E por iso xa podemos falar con propiedade da vendima, da caida da folla, dos froitos do outono... 
 
 

VELÁZQUEZ VISTO POR INFANTIL DE 5 ANOS

Ao longo deste curso descubrimos a este gran pintor español chamado Diego Velázquez. Coñecimos de cerca a súa vida e a súa obra Pintamos un dos seus cadros máis importantes, "Las meninas", sobre o cal organizamos un concurso para que todo o colexio coñecera esta excepcional pintura e buscara o cazapo que o diferenciaba do orixinal. Por último, realizamos unha campaña de difusión sobre Velázquez, explicándolle noutros cursos todo o que aprendimos sobre este gran pintor.
     

Ademais fixemos un traballo para levar a casa e recordar a obra de Velázquez.

Tanto nos metemos no papel do pintor que elaboramos cadanseu cadro de "Las Meninas", dun xeito moi personalizado...

Comprobadeo!!

 

GATUXO: INFANTIL 3, 4 E 5 ANOS

 

 

Dentro da programación para Escolares Afundación, asistimos no Auditorio á representación de “Gatuxo”, de Magín Blanco.

 En cada un dos espazos recreados representase a evolución do bebé. Grandes aventuras agardan por el: aprender a comer só, descubrir a risa, comezar a gatear, emitir os primeiros sons e verbas, xogar, dar os primeiros pasos, bailar...

 

 

 

@S AVENTUREIR@S DE INFANTIL DE 3 ANOS

  @s alumn@s de 3 anos queremos vivir novas aventuras e decidimos emprender viaxe rumbo á selva amazónica. O primeiro foi coller o tren cara ao aeroporto porque en Ourense non temos.

 

Despois dunha longa viaxe chegamos ao corazón da selva, ao mismísimo Amazonas.

Ainda que levamos de guía á profe Esther, o susto foi tremebundo porque un enorme guepardo botouse a correr detrás nosa, que nos sabiamos onde meternos. Menos mal que conseguimos sacarlle a pelaxe e debaixo estaba a profe Pili, co que quedamos bastante máis tranquilos.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut