Skip to Content

2º PREMIO NO CONCURSO "GALICIA, AUGA E LITERATURA"

 

 Viaqua e La Voz de Galicia convocaron este ano, no mes de febreiro, o 2º concurso fotográfico Galicia, Auga e Literatura, para escolares galegos de educación primaria e secundaria. As bases do concurso pedían aos escolares que deran a súa visión fotográfica sobre personaxes destacados ou momentos importantes das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga.

A alumna de 6º, Melisa Fernández Ogando, acadou o 2º premio de categoría infantil.

Melisa di que a auga é un elemento imprescindible para a vida. Como é un recurso esgotable debemos ser coidadosos no seu uso. A auga é vida. E inspirouse nuns versos de Rosalía (Cantares gallegos) que soan así:

¡Que auga tan limpa!

¡Que rica frescura!

Vente a lavar

que é un primor, criatura.


Enlace a "La Voz de Galicia"

 

 

"PAPIS, EU PARTICIPO NA EDUCACIÓN VIARIA"

"Papis, eu participo na educación viaria": este é o lema do concurso de Educación viaria no que participaron @s alumn@s de 5º e 6º do noso colexio, organizado por "Stop accidentes", Concello e Centro Comercial Ponte Vella. Fixéronno nas modalidades de redacción e debuxo, acadando os tres primeiros premios de redacción @s alumn@s do centro Mateo Cruz Núñez e Paula Vázquez Ceinos de 5º, e Sara Iglesias de 6º.

4º NO IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES

 

Recentemente o curso de 4º participou nunha exposición sobre o "IV Centenario da morte de Cervantes" que se celebrou no CEIP Santa Ana de Cuenca. A colaboración consistiu na tradución ao galego do primeiro capítulo de "Don Quijote de la Mancha".

Pois agora, co traballo realizado fixeron a súa propia exposición no corredor do colexio: revisade as fotrografías e o pdf para ver un traballo ben feito!!

           

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Este ano 2016 o Día das Letras Galegas adicouse a Manuel María, o poeta nacido en Outeiro de Rei (Lugo), considerado unha das voces máis influintes da segunda metade do século XX.

Mirade os traballos que fixeron @s alumn@s de Infantil e Primaria para conmemorar o día adicado a Manuel María.

Ademais ten moitas poesías musicadas por diversos autores, e senon comprobadeo no video dos traballos realizados pol@s alumn@s do colexio. 

   

FELIZ FEROZ: O LOBIÑO RIQUIÑO

Visitounos recentemente o Lobo Feroz, para contarlle as súas experiencias educativas aos alumn@s de 3, 4 e 5 anos de Infantil.

O caso é que pretendía facer malo ao seu sobriño, Feliz Feroz, pero tiña unha difícil tarefa: o lobito era bo, cariñoso, traballador e gústaballe ter amigos.

Ao final descubre que é imposible, porque Feliz Feroz resulta ser un gran cociñeiro.

 

 

AUTORRETRATOS EN INFANTIL DE 3 ANOS

 

 

 

Non hai mellor forma de coñecerse a un mesmo que pintar un autorretrato; mirade que grao de coñecemento teñen @s alumn@s de 3 anos, uns artistas salientábeis!!

 

 

 

 

OBRADOIROS NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: 5 ANOS, 2º E 4º

Este ano, o Día Internacional dos Museos (18 de maio) ten o lema "Museos e Paisaxes Culturais".
Neste senso, o Museo Arqueolóxico de Ourense programou, entre outras actividades para conmemorar esta data, uns obradoiros dirixidos a alumn@s de primaria e infantil co lema "Museos e paisaxes culturais: as torres medievais da Limia". Que ben o pasamos construindo os nosos castelos, coma verdadeir@s damas e cabaleiros!!



     

SOROLLA EN INFANTIL DE 4 ANOS

 

 

Sorolla,un pintor extraordinario!!!! O pintor da luz, que toma o mar a miúdo como protagonista.
Coñecemos un pouco da súa vida, a familia e a súa obra. Gustounos moito!

 

INFANTIL CON "MAMÁ CABRA"

 @s nen@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos asistiron no Auditorio ao concerto-teatro de "Mamá Cabra", organizado pola Área Educativa de Afundación, no seu 15 aniversario. O grupo ofreceu un percorrido pola súa historia e as súas mellores cancións.

A SEMANA DA SAÚDE

@s alumn@s de Infantil do colexio participan no programa de saúde integral promocionado pola Concellería de Educación. Por este motivo celebraron dúas actividades relacionadas coa adquisición de hábitos saudables:

            

Distribuir contido


by Dr. Radut