Skip to Content

Complementarias

O HOME DO SACO...!!!

 

 

 

O contacontos chegou ao colexio para contarlles aos alumn@s de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria unha historia do "Home do saco".

Como vedes nas fotos non pasaron meeeedo... ningún, senon que riron a escachar.

   

O DÍA DA POESÍA E O DÍA DA ÁRBORE

O 21  de marzo, que é o primeiro día da primavera, celébrase o Día da Poesía .

@s alumnos de 3º celebrámolo cun recital de música e poesía para fomentar a lectura de poemas.
Ese mesmo día tamén se celebra o Día da árbore, como un recordatorio da importancia de protexer os bosques, e para festexalo, acostúmase plantar árbores.

Nós este ano non plantamos ningunha árbore pero fixemos unha exposición das árbores máis frecuentes do noso contorno, co seu nome en galego e en castelán.

   

VISITA AO PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO (6º PRIMARIA)

Os alumnos de 6º de Primaria acudiron o pasado 17 de marzo ao PIT (Parque Infantil de Tráfico)

para participar nas actividades de Educación Viaria organizadas polo Concello nesta instalación.

Circularon polas estradas do circuito coas bicicletas e os vehículos eléctricos con moito sentidiño...,

tanto que a unha alumna ficháronna como posible integrante do equipo de Educación Viaria ourensán.

   

VISITA Á POLICÍA NACIONAL (6º Primaria)

 

O  lúns dia 10 de marzo, os alumnos de 6°de primaria visitaron as instalacións da Policía Nacional onde lles explicaron as súas funcións, composición, forma de actuar etc.  Incluso presenciaron unha demostración de tiro.

Por tratarse dos primeiros alumnos en participar neste programa de visitas deste curso acudiu a prensa e representantes do Concello para informar do mesmo.

 
   

VISITA AOS BOMBEIROS (3º Primaria)

 

"Os bombeiros Juan, Ramón e Eduardo ensináronos cousas sobre  o traballo dos bombeiros.
Contáronnos que moitas  persoas morren polo fume.
Os bombeiros teñen unha alarma para avisar en caso de incendios.  Se a alarma soa é que hai un incendio.
A un incendio sempre intentan chegar en menos de 15 minutos.
Teñen que porse rápidamente un traxe para non queimarse.
No traxe teñen  unha lanterna que levan no casco e unha alarma na cintura.
Se a alarma empeza a soar e  que lle pasou algo ou lle caiu algo e van outros bombeiros.
Contáronnos  que si hai un incendio temos que pechar todas as portas menos a da  entrada da casa.
Tamén nos ensinaron unha barra larga e prateada chamada cucaña e que serve para subir e para baixar máis rápido.
Montamos nun camión de bombeiros.
Con 18 anos podes ser bombeiro.
O número dos bombeiros é :  080.
Ir aos bombeiros foi moi divertido! "

Lucia  Pinal  Gregorio (3º Primaria)


 
   

EXPOSICIÓN DO NEOLÍTICO

No mes de febreiro os alumnos de 5º e 6º de Primaria visitaron a exposición "Neolítico, de nómades a sedentarios", organizada pola Obra Social "La Caixa".

Nesta exposición amósanse as formas artísticas, económicas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas. A través dun conxunto de materiais representativos que aparecen na mostra –como vasos cerámicos, ferramentas de pedra tallada e puida, ilustracións de poboados, escenografías de covas e casas ou esculturas humanas e animais– desvelaranse os fitos culturais que marcaron o camiño cara a civilización: a agricultura, a gandería, a cerámica e a escritura.

   

DÍA DA PAZ EN PRIMARIA

O día 30 de xaneiro tamén nos lembramos en Primaria de conmemorar o Día Escolar da Paz, e para que nos creades facede clic no enlace ou na fotografía para ver o vídeo dos nosos traballos
   

DÍA DA PAZ EN INFANTIL

 

 

O 30 de xaneiro conmemoramos o día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Para elo, en Infantil elaboramos estes murais que podedes ver neste vídeo 

 
   

ENCONTROS CO AUTOR

O pasado lúns dia 3, como outros anos, os alumnos de 6°de primaria, asistiron á actividade "Encontros co autor". Tratábase neste curso de Pere Tobaruela, autor do comic "O encanto da Pedra Chá", que os alumnos leron previamente. No encontro puideron facer preguntas e coñecer algo da vida e obras do autor, asi como solicitarlle un autógrafo.  
   

QUE VEN O LOBO!!

 

 

 

O pasado novembro os alumnos de 3º acudiron á Aula da natureza que está ubicada en Oira, para asistir a unha actividade na que lles explicaron moitas cousas sobre unha personaxe que todos coñecemos polos contos: O LOBO.

lobo
   
Distribuir contido


by Dr. Radut