Skip to Content

Complementarias

CURRIÑA A BIBLIOTECARIA

O curso pasado, @s alumn@s que este ano están en 4º de Primaria fixeron estes comics sobre o conto de Curriña, a mascota da biblioteca. Tédela visto? Fixádevos o próximo día que vaiades á biblioteca. Mentres tanto ollade estes cómics e o conto de Curriña. 

 

 COMICS CURRIÑA CONTO CURRIÑA

CONCERTO DE NADAL

@s alumn@s de 4º ofrecéronnos un miniconcerto, para amosar aos seus compañeir@s os seus avances no dominio do instrumento. Todo esto nun contexto de ledicia polas inminentes vacacións de Nadal e cun punto de tristura pola marcha da profe "Tati".

 

 
   

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Velaquí as postais gañadoras do concurso deste ano nas categorías de Infantil, 1º, 2º e 3º Ciclo de Primaria.

Coma sempre, cheas de colorido e sabor a Nadal...    

 
   

FASE PREVIA CAMPIONATO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Na mañá do xoves 11 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. O tempo respetounos, xa que ademais de non chover, ata houbo unha boa temperatura para correr, xa que luciu o sol nalgún momento.

Acudimos con oitenta atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos nas categorías de benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 2º posto de Ismael Súarez en benxamín, e o 3º posto de Paz Calviño en infantil.

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

CLASIFICACIÓN CROSS ESCOLAR

 

VAI CHEGANDO O NADAL

 

Vai chegando o Nadal, notámolo ao entrar no colexio, nos corredores , nas aulas,e senon mirade que ambientado está o centro.


 



 

 

1º E 2º NA PROXECCIÓN DE "O PEQUENO MAGO"

Alumnos de 1° e 2° de E. Primaria no Auditorio, onde asistiron á proxección do filme: "O Pequeno Mago".  20-11-2014

 

   

OS TRABALLOS DO MAGOSTO

Aquí tedes os traballos sobre o magosto que fixeron os alumn@s de Infantil e Primaria: moitos, moi chulis e moi castañeiros...

 

     

MAGOSTO: XOGOS E CASTAÑAS

 

O pasado venres día 7 celebramos o magosto: fixemos un circuito de xogos

no que participamos todos os nen@s do colexio, e despois comemos as castañas asadas, para matar a fame que nos entrou de tanto correr. Mirade que ben o pasamos...!!

 
     

TEATRO EN INGLÉS

 

O 27 de outubro os alumn@s de 3º e 4º de Primaria asistiron á representación teatral: "The Brave, Little Mary" no Auditorio Municipal de Ourense, onde se divertiron moito á vez que practicaron o seu inglés!

 
 "The Brave, Little Mary"
   

OS DE 4º VAN AO TEATRO

 

O 29 de outubro os alumn@s de 4º de Primaria asistiron a unha función teatral: "Antía, Wamba e o regato pequeno" no Auditorio Municipal, pasárono tan ben que ata participaron na obra, neste cole temos uns grandes artistas!!

 

   
Distribuir contido


by Dr. Radut