Skip to Content

Entradas recentes

OBRADOIROS NO CEIP CURROS ENRÍQUEZ

 

Neste trimestre @s alumn@s de Curros participaron en varios Obradoiros sobre "Igualdade" (Infantil e Primaria), "Seguridade e saúde" (3º e 4º) e "Acoso escolar e ciberbullying" (5º e 6º), que se desenvolveron no centro. Tratamos de incidir nos aspectos máis importantes para facer a convivencia no colexio todavía mellor.
 

 

25N: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

"XOGANDO AO ATLETISMO" EN SPORTUR

O 15 de novembro participamos na actividade "Xogando ao atletismo", que se celebrou en Expoourense, coincidindo con Sportur. Asistimos con 50 alumn@s do centro, que competiron nas modalidades de velocidade individual, lanzamento de balón medicinal, lanzamento de xabalina, salto lateral e Gran Prix.

A participación foi todo un éxito, tanto polos resultados como polo clima de participación e "competición sen presión", na que todos acadamos o obxectivo de PARTICIPAR!!!

 


MAGOSTO 2019

 

O pasado venres 8 de novembro celebramos o magosto: fixemos un circuito de xogos no que participamos todos os nen@s do colexio, e despois comemos as castañas asadas, para matar a fame que nos entrou de tanto correr. Mirade que ben o pasamos...!!

 

    

 

 

 

SAMAÍN 2019

 

 

Chegou o outono e con el a vendima, as castañas, a chuvia , a caída da folla, pero tamén chega o SAMAÍN, e vagan polo colexio un montón de espíiiirituuuussss que nos fan vivir estes días dun xeito especial: CON MOIIIITOOOO MEEEDOO!!!

 

DÍA DO DEPORTE ESCOLAR EUROPEO

 

O Día Europeo do Deporte Escolar (ESSD) é un día escolar dedicado a divertirse, a xogar xuntos, para promover a actividade física e a saúde para todos. Dende o año 2017 consolidouse como o evento de maior impacto no marco da Semana Europea do Deporte.

No colexio tamén participamos neste evento o pasado 27 de setembro, e para que poidades ver o ben que o pasamos, botarlle unha ollada ás fotos e videos.

 

 

 

4º-5º-6º PRIMARIA: SEMANA DA MOBILIDADE

O CEIP Curros Enríquez súmase a SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, que se celebrou do 16 ao 22 de Setembro, participando nas actividades de sensibilización, organizadas polo Concello de Ourense, a través das Concellerías de Educación, Medio Ambiente, Transporte e Mobilidade e Tráfico. en colaboración coa DGT (Jefatura Provincial de Tráfico de Ourense).

Este ano a campaña organízase baixo o lema "Camiña con nós", e que ten como obxectivo, sensibilizar tanto os responsables politicos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade tanto para a saúde pública como para o medioambiente, e os beneficios do uso dos medios de transporte mais sustentables como o transporte público, como a bicilcleta e as viaxes a pé.

@s alumn@s de 4º participaron nas  Sesións formativas de mobilidade sostible e circuito de educación viaria e @s de 5º e 6º nos Circuitos de accesibilidade "Ponte no meu lugar" en colaboración coa ONCE, COGAMI, DISCAFI e AIXIÑA.

2º: CALENDARIOS 2019

 

Se queredes ter a man un calendario que mellor que este que elaboraron @s alumn@s de 2º de Primaria!!

 

6º INFANTIL : A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS

Cando saímos de Londres non nos olvidamos de levar os recordos máis significativos da cidade.

Chegamos a París e tivemos tempo de visitar os monumentos máis simbólicos da cidade (enlace).

Ao chegar a Italia aproveitamospara dar un paseo por Venecia (enlace). 

Dende Italia viaxamos cara ao Norte de África, ao Sáhara (enlace).

 Seguimos de viaxe, agora imos visitar Exipto e India... (enlace)

 

Durante a viaxe xurdiron moitos inconvenientes

que non nos permitiron visitar con calma o inmenso Oriente...(enlace)

 

 

E de China cruzamos o océano cara a San Francisco... (enlace)

 

Tivemos sorte e na nosa travesía topamos cos vikingos...(enlace)

 

Dando a volta ao mundo todo viaxeiro que se preze necesita un  pasaporte, ainda que ás veces houbo que facer moitas colas por afluencia de visitantes (enlace).

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O pasado 8 de marzo conmemoramos no centro o "Día internacional da muller" coa colaboración da Anpa e Sustinea, para reivindicar a igualdade e destacar a súa relevancia na sociedade. A actividade consistiu en recoñecer o labor de mulleres ás que se lle adicou algunha rúa nos barrios da cidade.

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut