Skip to Content

Entradas recentes

1º: THE CHRISTMAS SELFIE CONTEST

 

Kacy, a auxiliar de conversa, contoulles aos nen@s de 1º un conto con valores sobre o traballo en equipo, a cooperación e a amizade.

 

 

3º: ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

 

@s alumn@s de 3º asistiron ao Auditorio para ver "Gaia",un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa.
 Aquí vos quedan as impresións dos nen@s de 3º sobre as actividades nas que participaron.

4º INFANTIL CO APALPADOR

 

@s nen@s de 4º de Infantil pedíronlle moitos desexos ao Apalpador...

 

NADAL 2019

 

Xa chega o Nadal, e o colexio vístese de gala para recibilo.

Cos mellores desexos para toda a comunidade educativa,

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

 

 

2º: CIENTÍFICOS COMPROMETIDOS CO MEDIO

 

En 2º están feitos uns verdadeiros científicos. Ademais, despois de asistir á Aula da Natureza de Oira e participar nun obradoiro de Reciclaxe, deseñaron unha maqueta do aparato dixestivo con material de refugallo. Que cracks!!!

 

 

3º e 4º: CASTRO DE SANTOMÉ

@s alumn@s de 3º e 4º de Primaria visitaron a exposición do Castro de Santomé que o Museo Arqueolóxico organizou na sala de Abanca, na Praza Maior. Tamén participaron no obradoiro de Arqueoloxía. Sairon feit@s uns arqueólogos!!

 

 

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Dende o ano 2000 a Asemblea Xeral da ONU designou o 25 de novembro como o Día Internacional    contra a Violencia de Xénero. A Comunidade Educativa do noso centro participa na conmemoración deste día aportando o seu gran de area. Este curso representamos no patio o lazo morado con tod@s @s alumn@s, como símbolo desta loita.

 

CAMPO A TRAVÉS 2019

 

Na mañá do mércores 11 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. A mañá estaba soleada polo que un ano máis o tempo respetounos para poder celebrar a proba.

Acudimos con 115 atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 3º posto de Sofía González Silva en benxamín, o 2º posto de Usúe Bernárdez Jares en alevín e o 3º posto en infantil de Candela Currás Fernández.

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

1º: CASAS DO MUNDO

 

A clase de 1º de Primaria do CEIP Curros Enríquez foise de viaxe polo mundo na procura de coñecer e identificar os diferentes tipos de casas que hai. Logo fixemos un mapa para ubicalas. Foi unha viaxe moi divertida.

 

POEMAS EN 6º

@s alumn@s de 6º seguen a expresarse en verso, lede os seus POEMAS!

Distribuir contido


by Dr. Radut