Skip to Content

Complementarias

INFANTIL NA BIBLIOTECA PÚBLICA

 

@s alumn@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos acudiron á Biblioteca Pública de Ourense, na que lles explicaron o sistema de clasificación dos libros nas estanterías, onde deixalos despois de lelos e tamén que podían sacar en préstamo libros, películas e xogos interactivos.

Despois participaron nunha actividade de animación á lectura coa lectura dun conto. Que boa experiencia para estes devoradores de contos!!

 

VISITA Á POLICÍA NACIONAL

O día 7 de abril, os alumnos de 6º curso fixemos unha saída á Policía Nacional.

Vimos moitas cousas coma os coches, os chalecos antibalas, o heliporto, as esposas, os calabozos, onde, por certo, había un preso, as salas onde se presentan as denuncias e a oficina de violencia de xénero.

Cando chegamos a oficina de violencia de xénero, o primeiro no que nos fixamos foi nunha imaxe na que se podía ver como un home quería máis á súa muller pero cada vez que a quería máis, a maltrataba máis... Foi moi impactante.

Ao rematar, déronnos un carné infantil de policía.

Foi moi interesante ver como facían o seu traballo.

Paz Calviño e Ruth Grela (6º)

 

DÍA DO LIBRO

 

En 2015 conmemórase o IV centenario da publicación da segunda parte do libro máis universal da literatura española: “Don Quijote de la Mancha”.

Como o 23 de abril foi o Día Internacional do Libro, no ciclo de Infantil elaboraron un mural co tema do "Quijote", que podedes ver aquí.

 

 

 

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria fixemos unha actividade polo día da muller traballadora.
Cada un escribiu unha frase ou un poema en honor a todas as mulleres que sufren co machismo.

Celébrase o 8 de marzo por ser o cabodeano das mulleres que  morreron defendendo os seus dereitos.

Ruth Grela, Ángeles Cachaldora e Paz Calviño (6º) 

DÍA DA ÁRBORE

Outra das conmemoracións que se celebra en marzo (o 21 de marzo) é o Dia Internacional dos Bosques, que convertemos no Día da árbore, coincidindo coa entrada da primavera no hemisferio Norte.

Este curso a Deputación Provincial promoveu unha campaña de divulgación deste día tan presente nas escolas, e enviounos un acivro para plantar no patio do centro. Despois dun concurso de ideas para escoller o nome deste arbusto tan típico da montaña galega coma dos xardíns, resultou bautizado como "ACIVARELO".

 

O acivro do patio, "Acivarelo"

OS NOSOS VERSOS

Coincidindo coa conmemoración do Día Internonacional da Poesía (21 de marzo), os alumn@s de 4º participaron na actividade "Os nosos versos", dentro do programa de Animacion á lectura da Concellería de Educación.

O día 19 de marzo acudiron á escalinata de Sta. María Nai, xunto cos cursos de 4º doutros colexios do concello.

Alí recitaron unha poesía, acompañando coa expresión corporal para resaltar os contidos da mesma. Resultou moi emotivo, pero o mellor é que vexades o video e as fotografías para poder comprobalo!!

 
   

AQUALOXÍA: DÍA MUNDIAL DA AUGA (22 MARZO)

O  martes 10 de marzo, a clase de 4° participou nunha actividade sobre a auga.
    Primeiro baixamos á aula de informática para ver un video sobre o percorrido  que fai unha gota de auga ata que sae pola billa no colexio ou na nosa casa, pasando primeiro  pola depuradora e pola potabilizadora.


    Logo fixemos uns divertidos experimentos:

Un deles fixémolo con auga salgada, envasada e auga da billa.Tiñamos que ir probando cada unha de elas e dicir se había algunha diferenza, pois a cor era a mesma. A do grifo e a normal sabían prácticamente o mesmo, pero a outra sabía a mar. Explicáronnos que tiñan un aparato que se utilizaba para controlar o nivel de minerais da auga somente metendoo nela.

    O experimento no que máis nos rimos foi no do globo . O monitor puxo un globo encima da cabeza dun neno e cun acendedor... PUM...!!!. Despois probou cun globo cheo de auga pero non estoupou. Fixemos tamén unha depuradora caseira con diferentes filtros de algodón e filtros de papel  de cafeteira.
    Por ultimo, fixemos un xogo no patio no que participamos todos/as. Por grupos fomos expresando co noso corpo os diferentes sitios por onde pasa o auga dende os ríos ou encoros ata as nosas casas.
   Falamos tamen de como podemos aforrar auga e que cousas debemos facer para NON CONTAMINALA.

Como traballamos moito recibimos UN DIPLOMA de VIXIANTE OFICIAL DA AUGA.


                                         Mateo e Santi de 4°                    

 

 

 

 

4º VISITA O SALON DE PLENOS DO CONCELLO

O luns 2 de marzo o alumnado de 4° de primaria, fomos ao Concello, na praza Maior. Entramos no Salón de Plenos e  sentámonos nos diferentes escanos dos concelleiros. O salón era moi bonito, con tódalas paredes pintadas dunha cor salmón. No teito e nas paredes había escudos de Ourense, incluso nos sillóns da mesa Presidencial.

A encargada do protocolo explicounos algunhas cousas sobre as persoas que saen elixidas nas votacións municipais que se realizan cada 4 anos. En total hai 27 concelleiros/as. Algúns nen@s subiron á mesa presidencial e sobre un libro prometeron o cargo coma si foran os novos concelleiros/as. Detrás da mesa habia un retrato do Rei Felipe VI. Ah! Nos escanos dos concelleiros había micrófonos.

Na última parte da actividade explicáronnos as partes dos escudos de España, de Galicia e de Ourense, e o significado de cada unha delas. Sabíades que hai catro tipo de coroas? Pois si. Hai coroa de principe, ducal, real e mural. A coroa real podémola ver na parte de arriba do edificio do Banco de España, na rúa do Paseo.

Lucia, Samuel e Angel de 4°

 

CARDIOEXPOSICIÓN

Facede clic nas fotografías para ver os traballos dos 4 aspectos que temos que traballar para conseguir un corazón forte e saudable

NA PROCURA DA CANCIÓN PERDIDA

 

 

O pasado martes 3 de marzo @s alumn@s de Infantil de 4 e 5 anos acudiron ao Auditorio Municipal para ver o contacontos "Na procura da canción perdida".

 O protagonista da historia ten un problema serio. Perdeu unha das cousas importantes para a súa vida: a súa canción de ir a durmir. Así comezou unha viaxe tola a través do mundo, coa axuda dalgúns aparatos tolos e o inestimable colaboración d@s nen@s,que se van a converter en actores e actrices do espectáculo. Chegará a bo porto esta aventura ? Preguntarlle aos nen@s de Infantil!!

 

   
Distribuir contido


by Dr. Radut