Skip to Content

Entradas recentes

NOVAS SOBRE O COVID 19: COMUNICADO DO CENTRO E TAREFAS PROGRAMADAS

 

Nos seguintes enlaces podedes acceder ao "Comunicado do Centro" e ó documento das "Tarefas programadas" para o período de suspensión da actividade lectiva.

 

 

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE O CORONAVIRUS

 

 Estimadas familias:

Como ben saberán polos medios de comunicación e pola comparecencia do Presidente, a Xunta de Galicia, como medida preventiva para frear o avance do coronavirus, tomou onte a decisión de suspender a actividade lectiva regulada  e os servizos complementarios en todos os centros de ensino durante 14 días naturais a partires do luns, 16 de marzo.

Onte, xoves, algúns pais e nais chamaron ao centro preguntando; pero, lamentablemente, non puidemos darlles moita información porque, ata as 19:39 horas non houbo comunicado oficial a través da páxina Web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus.

A noticia, a pesar da rumoroloxía, foi unha sorpresa par todos, incluídos os directivos dos centros. Entendemos que a situación é complicada para as familias, pero nos centros non puidemos comunicar nada ata que tiveramos confirmación oficial.

Ao longo da mañá de hoxe, venres, publicaremos na páxina web do centro instrucións para a realización de actividades que o alumnado poida facer no seu domicilio. Se teñen algunha dúbida ao respecto, o profesorado do centro está dispoñible para resolvela.

A dirección do centro comunicará calquera información relevente ao respecto  e estaremos á disposición das familias para calquera dúbida.

Dende o centro aconsellamos tranquilidade e responsabilidade no cumprimento das medidas adoptadas.

 

Ourense, 13 de marzo de 2020

 

A Directora, Mª Isabel Domínguez Pérez

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O pasado venres 6 de marzo @s alumn@s de Curros Enríquez asistiron ao acto conmemorativo do Día Internacional da Muller que organizou a Subdelegación do Goberno. @s nos@s alumn@s interpretaron con lingua de signos a canción de Rozalén "La puerta violeta".

 

 

1º: O CORPO HUMANO

 

No primeiro trimestre do curso os nenos e nenas de 1º realizaron o proxecto do corpo humano. Fixemos experimentos,exposición e aprendimos moitas cousas!!

 

 

ENTROIDO 2020

 

Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o desfile de entroido. O patio encheuse de colorido cos disfraces de "Alicia no país das marabillas": coellos, sombrereiros, Alicias, reis e raíñas de corazóns, naipes...
Este curso participamos no desfile escolar que organizou o Concello onde chamamos a atención polo colorido dos nosos disfraces.
Pasámolo moi ben, e proba delo é a colección de fotografías que podedes ver!!

 

 

DÍA DA PAZ 2020


Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celébrase nos centros de ensino o Día escolar da Non-Violencia e da Paz.

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a Paz. Neste día, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Mirade que traballos fixemos para conmemorar este día!!

 

 

   

INFANTIL 3 ANOS: MERENDA NA AULA

 

Os nenos e nenas de 3 anos fomos ao mercado e trouxemos froitas da froitería para facer unha merenda na aula. Comemos moitas froitas: plátano, mazá, pera, uvas, arandos, fresas...

Que saboroso estaba todo!!

 

3º: CROSS ESCOLAR

 

O deporte tamén é centro de interese para redactar, e senon comprobadeo coas redaccións de 3º arredor da competición de campo a través.

 

 

 

6º: POEMAS DO 1º TRIMESTRE

@s poetas de 6º seguen expresando os seus sentimentos a través da poesía. Aquí van os traballos que fixeron no primeiro trimestre do curso.

 

INFANTIL: AMIZADE E TOLERANCIA

 

 

@s alumn@s de Infantil encheron coas súas mans a cesta da tolerancia e estrearon o banco da amizade!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut