Skip to Content

Complementarias

A AUGA VISTA POR BEÑAT

 

 

A proposta de Viaqua e La Voz de Galicia era todo un reto: os escolares tiñan que elixir un poema en galego que lles servise de inspiración para sacar unha foto relacionada co mundo da auga. Ou sexa, unha poesía, unha imaxe e unha explicación persoal sobre o traballo realizado.

Beñat, alumno de 5º de Primaria soupo entender moi ben o espírito deste reto e inspirouse nun poema de Rosalía de Castro («Cantares gallegos»). E xustifica así a súa elección: «Regatos, regueiros, fontiñas? En Galicia (o país dos mil ríos) podemos encontrar fermosísimos recunchos nos que a auga é a protagonista. Rosalía amaba cada recanto da súa terra e reflectiuno, maxistralmente, nos seus poemas».

Misterios da tarde

murmuxos da noite:

cantarte hei Galicia, 

na beira das fontes

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

O pasado 18 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas no Conservatorio. Estivo moi animado, con bailes, cancións, teatro e coro.

Ademais fíxose entrega das bandas de graduación en Primaria aos alumn@s de 6º que pasan a Secundaria. Foi moi emotivo !!

Se queredes velo de novo podedes ollar as fotografías, o vídeo e a presentación de diapositivas coa que despedimos aos alumnos de  6º (instruccións descarga presentación).

 

4º NO MUSEO MUNICIPAL

@s alumn@s de 4º de Primaria acudiron ao Museo Municipal para participar na campaña de Animación á lectura promovida pola concellería de Educación.

Alí visitaron a exposición dos traballos elaborados polos nen@s doutros colexios (e tamén do noso co conto "Viaxar con arte ou a arte de viaxar"), manipularon contos e ademáis participaron nun contacontos moi divertido...!

 Ademais aproveitaron a viaxe para elaborar o itinerario que percorreron dende o colexio ata o Museo Municipal.

Mirade as fotos para comprobar o ben que o pasaron!!

 

INFANTIL PASEA POLA CIDADE

@s nen@s de Infantil de 4 e 5 anos pasearon pola cidade e visitaron as Burgas, a Praza Maior e a Catedral , e coñeceron a historia da cidade a través de contos.

Esta actividade, organizada pola Concellería de Educación, encádrase dentro do programa "Coñece a túa cidade".

Os obxectivos son dar a coñecer aos pequen@s a historia máis básica da nosa cidade e valorar e respectar a importancia do patrimonio da cidade de Ourense.

Ademáis contamos cun anfitrión de excepción, o o alcalde, que nos convocou a unha reunión no salón de plenos para comprobar todo o que aprenderamos sobre a nosa cidade.

 

 

XUNTANZA DOS CEIP CURROS ENRÍQUEZ

 

 

 

 

Uns 180 escolares de quinto e sexto de Primaria dos colexios Curros Enríquez de Galicia, celebraron o 21 de maio en Celanova  o seu sexto día anual de convivencia.

É unha actividade organizada pola Fundación Curros Enríquez, que este ano contou coa participación de ambos os dous colexios de Celanova (Curros Enríquez e Sagrado Corazón), ademais dos CEIP de A Coruña e Ourense que levan o nome do poeta celanovés.

@s alumn@s asistiron a concertos didácticos de órgano e tiveron visitas guiadas por Celanova e arredores. Houbo unha gravación do poema de Curros "Virxe do Cristal" e monicreques sobre a mesma na horta da Casa dos Poetas.

 

INFANTIL NO MUSEO MUNICIPAL

@s alumn@s de Infantil acudiron ao Museo Municipal para participar na campaña de Animación á lectura promovida pola concellería de Educación.

Alí visitaron a exposición dos traballos elaborados polos nen@s doutros colexios (e tamén do noso co conto "Viaxar con arte ou a arte de viaxar"), manipularon contos e ademáis participaron nun contacontos moi divertido...!

 

Mirade as fotos para comprobar o ben que o pasaron!!

 

VISITA Á POLICÍA LOCAL

@s alumn@s de 4º visitaron a comisaría da Policía Local do concello, que inclue un percorrido polas dependencias, para dar a coñecer a organización e o funcionamento deste servizo, incluida unha charla sobre seguridade viaria.

O obxectivo é dar a coñecer de preto o traballo que realizan os axentes da Policía Local e as súas instalacións.

Ademáis o itinerario para ir á comisaría é moi, moi interesante; se queredes velo tedes que entrar no álbum fotográfico!!

 

4º VISITA A DEPURADORA DE AUGAS

O pasado mes de abril @s alumn@s de 4º visitaron a ETAP de Ourense (Estación de tratamento de augas potables).

O obxectivo é concienciar aos escolares sobre a importancia da auga e o medio ambiente e achegarlles o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga.

 

 

CONVIVENCIA ESCOLAR EN MANZANEDA

 

@s alumn@s de 6º de Primaria acudiron o pasado 19 de maio ás instalacións da Estación invernal de Manzaneda para celebrar a Gran Festa Fin de Curso 2015 La Región. Alí xuntáronse con máis de 600 compañeir@s doutros centros da provincia e participaron conxuntamente nunha morea de actividades: orientación fotográfica, natación, remontes na telecadeira, circuito de spa, jumping... Que envexa!!

Lede neste enlace as experiencias que viviron ese día: non se esquecerán en moito tempo!

INFANTIL NO TREN DAS TERMAS

@S alumn@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos foron de ruta termal, nun paseo guiado no Tren das Termas desde a Praza Maior ata as pozas termais de Outariz.

Distribuir contido


by Dr. Radut