Skip to Content

Complementarias

AMBIENTE DE NADAL

Para crear este ambiente de Nadal que se respira no colexio, colaboran todos os ciclos de Infantil e Primaria.

Comprobadeo clicando nas seguintes coleccións de fotografías.

        
 

OS DE 2º NO FESTIVAL DE CINE OUFF

 

Con motivo da celebración da 20ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF),e dentro da programación do OUFF ESCOLA, os alumn@s de 2ºasistiron á proxección da película de animación "MAIMIÑO" (versión libre do conto "Pulgarcito").

É unha película Galego-Cubana de animación do ano 2014 dirixida por Ernesto Padrón e con banda sonora orixinal de Silvio Rodríguez.


Maimiño  é a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha plaga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive, e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir a cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.



NANA PARA UN SOLDADO

 

 

@s alumn@s de 3º e 4º acudiron ao Auditorio para ver a obra de teatro "Nana para un soldado". A obra trata de facer reflexionar aos nen@s sobre o absurdo das guerras e a necesidade de entenderse.

Relata o encontro de dous soldados inimigos na fronte de batalla. Ambos os dous terán que deixar de lado as súas diferenzas para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno.

 

 

 

 

OS TRABALLOS DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

 

 Ademáis das correspondentes celebracións do Magosto e do Samaín, temos unha importante produción de traballos que podedes ver a continuación:


 

DÍA DE MAGOSTO

 

O día 10 de novembro, véspera do S. Martiño, celebramos o Magosto no colexio. Xogos, carreiras, castañas e tizóns para pintar a cara.

Pasámolo moi ben!! E senon mirade as fotografías da festa!!

 

 

O SAMAÍN NO CURROS



 

 Pantasmas, bruxas, arañas...fixeron aparición no cole para celebrar o Samaín. Pasámolo de medo, mentres nos observaban todos estes seres terroríficicos elaborados polos alumn@s. Pasade e miiiiiraaaaadeeee...!!!

 

 

 

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

 

Aprender educación viaria e ao mesmo tempo facer exercicio san, con este bo propósito colleron a bicicleta os alumn@s de 6º do noso colexio.
Participaron nunha das actividades programadas polo Concello de Ourense dentro da "Semana da mobilidade" , que promove o transporte sostible.

Antes de darlle aos pedais convén coñecer o percorrido. O mellor xeito é facelo a pé, así os nen@s tamén botaron unha carreira para quecer. A primeira obriga antes de coller a bicicleta é poñer todas as medidas de protección, ante todo o casco. Logo toca aprender a conducir e para iso hai que coñecer os sinais e respectalos.

A educación viaria non é o único obxectivo da actividade, tamén se promoven hábitos sans.

Non está de máis tampouco, saber máis de mecánica de bicicletas, polo que poida pasar. Así recibiron unha explicación rápida por parte dun técnico.

 

 

 

 

 

5º AO CONCERTO INAUGURAL CURSO 2015-2016 DA ORQUESTA XUVENIL DA EMMO

Os alumn@s de 5º de Primaria acudiron no mes de setembro a un concerto participativo na Praza de San Martiño, a cargo da orquesta xuvenil da Escola Municipal de Música de Ourense(EMMO, composta por alumnado de secundaria e profesorado da mesma).
A finalidade do mesmo era inaugurar o curso escolar 2015-2016.
 
 
   

O CORO DE 4º NO "IX CERTAME DE RUADA"

O pasado 23 de xuño @s alumn@s de 4º cantaron coa Coral de Ruada no Auditorio Municipal.

Colaboraron con dúas cancións que xa prepararan durante o curso e xa gravaran con anterioridade: a "Pandeirada de Ourense", que tamén contou coa colaboración da alumna de 3º, Antela, como pandereiteira, e a "Cantarela".

Se queredes escoitar as cancións premede nos vídeos; escoitalos pon a pel de galiña pola emoción que transmiten!!!

 

PEÓN, MOITA PRECAUCIÓN

A Asociación Stop Accidentes, en colaboración co Centro Comercial Ponte Vella, entregou os premios do Concurso de debuxo e redacción "Peatón moita precaución", que xira sobre a temática de Prevención e Concienciación de atropelos a peóns en cidades e estradas.

A gañadora na modadlidade de redacción foi a alumna do centro Sara Iglesias, de 5º de Primaria.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut