O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz. A mensaxe básica é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia,o respecto aos Dereitos Humáns, a non-violencia e a paz son motivos para recordar este día.
Aquí tedes os traballos realizados polos alumn@s de Infantil de 3 e 4 anos, con moito Amor e Concordia!!
|
|
Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o desfile de entroido. O patio encheuse de colorido cos disfraces de vaqueir@s, Chineses, masai e hawaian@s.
Pasámolo moi ben, e proba delo é a colección de fotografías que podedes ver!!
|
|
|
Os nen@s de infantil traballaron moito no entroido para ter outras alternativas de disfraz para estes días tan trouleiros. Ollade cantos traballos fixeron!!!
|
|
O día 14 de xaneiro @s alumn@s de 4º de Primaria participamos nunha actividade na que aprendemos a almorzar de xeito saudable. Nela ensináronnos algunhas cousas sobre os alimentos e puidemos facer prguntas para aclarar as nos@s dúbidas.
De seguido fixemos un xogo que consistía en pegar nun cartón de leite as fases que atravesa o leite ata chegar aos supermercados.
E por último, tomamos o almorzo que nos prepararon.
Grazas a esta actividade saberemos como almorzar de xeito saudable acotío, para vir ao colexio con máis enerxía.
Claudia, 4º de Primaria
|
|
O pasado mércores contamos no cole coa presenza de Lois Pardo, membro da Asociación Amig@s da Pita que nos veu a falar do Entroido, das diversas máscaras do noso país e da Festa da Pita, que inclúe varios días grandes de celebración e troula: o domingo Fareleiro, o domingo Oleiro e o martes de Entroido, que comeza pola mañá co folión polas rúas das Eiroás, segue coa escenificación teatral de Voda de Pita, con comida-banquete de voda baixo carpa, concurso de disfraces amenizado cunha orquestra e remata o día coa queima do Meco.
Tamén compartimos a visita dunha Pita das Eiroás que falou dos compoñentes do traxe e da carauta, e fixo soar as chocas do seu cinto para todos nós.
Ademais @s alumn@s de 5º e 6º decoraron as olas para celebrar o "domingo oleiro" no colexio, que en realidade foi un "venres oleiro", pero pasámolo igual de ben lanzando as olas, que se resistían a romper !!!
|
|
Para máis información sobre a pita das Eiroás |
www.festadapita.eu |
@s alumn@s de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron ao Auditorio Municipal para ver a obra de teatro en inglés "Alice", dentro da programación da Área Educativa de Afundación. Foi interpretada por Blue Mango Theatre.
Está baseado na famosa historia “Alicia no País das Maravillas”, de Lewis Caroll. Cuando a nosa Alicia moderna se queda dormida sen querer, adéntrase nun mundo máxico no que, ademáis de Coellos Brancos, coñece ao máis aloucado dos Sombrereiros Tolos e a unha Raiña de Corazóns que sempre está furiosa. Ao longo da súa viaxe aprende moitas cousas sobre as festividades e tradicións de diferentes partes do mundo angloparlante, incluindo a Pascua, Halloween, San Valentín, Nadal , San Patricio… Pero, chegará Alicia a tempo á hora do té? Somentes se o público pode axudala…
|
|
|
Non hai Nadal sen regalos para os nen@s, así que @s alumn@s de Infantil tiveron unha morea de agasallos para as súas aulas. Mirade as fotos paara comprobalo!!
|
@s alumn@s de 1º e 2º primaria asistiron ao Auditorio municipal para ver a obra de teatro "Lío en la granja", de La Baldufa Companyia de Comediants.
Nunha granxa na que conviven diferentes animais, desaparece un ovo . A partir de ahí xurden desconfianzas e comeza un gran lío entre todos os habitantes. Todas as sospeitas diríxense cara ó ovo, recentemente chegado á granxa dende o estranxeiro.
Unha fábula sinxela, reflexiva e con humor.
|
|
O pasado día 17 de decembro os alumnos de 5 º de primaria disfrutamos dunha exposición chamada "A fala". Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas como: a comunicación das bacterias, a evolución dos nosos cerebros, o código morse...
ACTIVIDADES QUE FIXEMOS: Os humáns somos a única especie coa capacidade de poder falar. Vimos as diferencias de tamaño entre o cerebro humano e o dun paxaro. Logo cheiramos o tufo dunha mofeta e do almizcle. A mofeta cheiraba peor que os calcetíns do meu irmán (e dicir, moi, moi mal ). Pola contra, o almizcle cheiraba mellor que unha rosa. Logo aprendimos a escribir o código morse e a ler a linguaxe dos cegos coas nosas mans. Rematamos vendo a cantidade de idiomas que desaparecen cada día. FIN!
Paula e Sofía (5º Primaria)
|
|
|
folleto exposición
|
De novo este ano celebramos o concurso de postais do Nadal. O nivel dos traballos foi moi bo, e os gañadores de cada ciclo, que veredes na tarxeta de felicitación que envía o colexio a toda a comunidade educativa, podedes velos aqui con detalle.
|
|