Skip to Content

Entradas recentes

1º: CREAMOS MINIMUNDOS!

 

En 4 grupos cooperativos realizamos os nosos minimundos relacionados coas estacións do ano: primavera, verán, outono e inverno.
Pero que é un “MINIMUNDO”?
Trátase dunha variedade de xogo simbólico non estruturado, unha creación feita polo alumnado, a través da cal eles e elas representan e plasman os seus pensamentos, desexos e sentimentos. Polo que implica un tipo de xogo co cal traballamos a súa creatividade.
Unha vez que os grupos de traballo remataron os seus repectivos “minimundos”, tiveron que cubrir dúas follas de equipo relacionadas coas Ciencias Sociais e as Matemáticas. Deste xeito abordamos distintos contidos: Lectoescritura, as estacións e meses do ano,Xeometría.

24 de FEBREIRO: DÍA ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro adicámoslle o día a Rosalía de Castro, xenial escritora pioneira da poesía e o pensamento feminista.
Rosalía está máis viva que nunca na nosa sociedade galega e a súa popularidade non deixa de medrar.  Neste día lembramos que a Fábrica Nacional da Moeda e Timbre  adícoulle no ano 1979   o billete de cincocentas pesetas, nel aparece no anverso, a sua imaxe, e  no reverso, un fragmento da sua obra  Follas Novas.
Con tal motivo no CEIP CURROS ENRÍQUEZ, elaboramos conxuntamente, alumnado e profesorado, un billete con 500  fermosas verbas da nosa lingua galega, lingua que tanto defendeu a poetisa.

 

INFANTIL: EXPERIMENTO DE INVERNO!!

 
@s nen@s de 3, 4, e 5 anos fixemos un experimento  moi divertido. Queredes saber cal???
Fixemos neve!!!
Descubrimos o fría que estaba, xogamos con ela e por último fixemos un bonito boneco de neve.
Foi moi divertido e pasámolo xenial!!!

BIBLIOTECA:CITA A CEGAS CUN LIBRO PARA SAN VALENTÍN

Dende a biblioteca queremos estimular o gusto dos rapaces pola lectura. Agora que estamos dentro do PLAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ) trataremos de ir lanzando propostas que os animen a achegarse ao mundo dos libros.

Para este San Valentín a idea é citarnos cun libro descoñecido que irá envolto e terá mensaxes que nos conviden a lelo. Poden falar do argumento, dos personaxes ou das razóns polas que deberiamos escollelo. Primeiro podemos investigar sobre a orixe desta celebración de San Valentín e criticar o consumismo que a rodea. Despois tocaría escoller os libros partindo da invitación que nos ofrece cada un.

ENTROIDO 2021

 

Aínda coas limitacións da pandemia non deixamos de celebrar o entroido no colexio, enchendo de colorido as aulas cos traballos realizados e o patio cos disfraces máis variados.  Ademais puidemos disfrutar da actuación de Paco Nogueiras, que provocou moitas palmas cos seus temas máis coñecidos.

5º: ENCONTROS COA AUTORA_Antía Yáñez

@s alumn@s de 5º de Primaria recibiron a visita da autora de "Plan de rescate", Antía Yáñez, dentro do programa de animación á lectura promovido polo Concello. Puideron preguntarlle as súas inquedanzas sobre os personaxes e sobre a aventura que protagonizan!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia,@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron na charla virtual impartida pola investigadora na área de Prehistoria da UVigo, Andrea Mouriño. Repasaron os principais puntos da provincia de Ourense con pegadas prehistóricas e debuxaron a súa representación da Arqueoloxía.


DÍA DA PAZ 2021: Cabemos tod@s!!

A pomba leva no peteiro a bola do mundo na que están representad@s tod@s @s nen@s do colexio, para que todo o ano apliquen os valores que recordamos este día, a paz e a convivencia cordial e inclusiva como motor da educación e o progreso persoal e colectivo.

Pola convivencia e a solidariedade!!

1º: LECTURA + CREATIVIDADE

 

Co obxectivo de traballar a lectura, a creatividade e a expresión oral, @s alumn@s de 1º responderon a este reto durante as vacacións do Nadal: escolleron unha lectura (conto, cómic, receita...) e crearon unha produción orixinal relacionada coa lectura, empregando materiais que tiñan na casa. Mirade o resultado!!!

 

 

INFANTIL:CHEGARON OS REIS!!

 

Á volta do Nadal @s alumn@s de Infantil descubriron un montón de regalos que os Reis lles deixaron para as súas aulas. Que ben o imos pasar!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut