O pasado 17 de marzo desplazámonos á pista de atletismo de Expourense para participar na fase final provincial da modalidade "Xogando co atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.
Asistiron 50 alumnos de Primaria, de 2º a 5º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, tanto feminino como masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto de altura, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.
A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas.
O pasado 10 de febreiro acudimos a pista de Expourense para participar no "Xogando ao atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.
Asistiron 50 alumnos de Primaria, de 2º e 3º de Primaria, na categoría de benxamín mixto. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, triplo salto, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.
A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas. Esperamos repetir o curso próximo!
Durante a semana previa ao Campionato Europeo Feminino Absoluto de Hockei sala, recibimos a visita de dúas das seleccionadas españolas que impartiron unha clase maxistral deste deporte con tanta tradición en Ourense.
O venres 21 de xaneiro asistimos ao partido entre a selección de España e Suiza, con victoria das nosas xogadoras.
No mes de decembro @s alumn@s de 1º a 6º de Primaria asistiron á pista de patinaxe sobre xeo que está situada no Centro Comercial Pontevella. Contamos coa colaboración da ANPA nesta actividade. Mirade que ben o pasamos!!
O 19 de novembro participamos na actividade "Xogando ao atletismo", que se celebrou en Expourense, coincidindo con Sportur. Asistimos con 25 alumn@s de 4º e 5º de Primaria, que competiron nas modalidades de velocidade individual, lanzamento de balón medicinal, lanzamento de xabalina, salto lateral e Gran Prix.
A participación foi todo un éxito, tanto polos resultados como polo clima de participación e "competición sen presión", na que todos acadamos o obxectivo de PARTICIPAR!!!
O pasado luns 31 de maio asistimos á actividade de Piragüismo-Dragóns que se desenvolveu nunha embarcación DB22, no Parque náutico de Castrelo de Miño, organizada dentro do programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte. Un día perfecto para o deporte náutico, cunha calor sofocante, no que puidemos poñer a proba as destrezas como palistas d@s alumn@s de 6º.
@s alumn@s de 5º puideron asistir o pasado venres a unha actividade de escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios grazas á Escola Ourensana de Escalada e integrado no programa Xogade (deporte escolar) da Xunta de Galicia.
Na mañá do mércores 11 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. A mañá estaba soleada polo que un ano máis o tempo respetounos para poder celebrar a proba.
Acudimos con 115 atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.
Compre destacar o 3º posto de Sofía González Silva en benxamín, o 2º posto de Usúe Bernárdez Jares en alevín e o 3º posto en infantil de Candela Currás Fernández.
Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!
O 15 de novembro participamos na actividade "Xogando ao atletismo", que se celebrou en Expoourense, coincidindo con Sportur. Asistimos con 50 alumn@s do centro, que competiron nas modalidades de velocidade individual, lanzamento de balón medicinal, lanzamento de xabalina, salto lateral e Gran Prix.
A participación foi todo un éxito, tanto polos resultados como polo clima de participación e "competición sen presión", na que todos acadamos o obxectivo de PARTICIPAR!!!