Este curso continuamos o Programa escolar de Froitas e Leite, subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
Repartiremos froita fresca entre o alumnado de Infantil e Primaria co obxectivo de fomentar o consumos destes alimentos no horario lectivo e favorecer a nutrición saudable d@s alumn@s.
A froita repartirase nos recreos durante 10 días consecutivos dende o luns 19 de febreiro ata o venres 1 de marzo.
PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN PARA QUE NESTES DÍAS ADAPTEDES A “MERENDA” DO RECREO. PROCURAREMOS QUE TODO O ALUMNADO COMA A FROITA DO DÍA.
AVISADE SE HOUBERA ALGUNHA ALERXIA OU INTOLERANCIA.
|
|
|
Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o día grande de entroido no colexio. Non puidemos desfilar como estaba previsto debido ó mal tempo, pero aínda así o patio encheuse de colorido cos disfraces de "O mundo das abellas": abellas obreiras, zánganos, raíñas, flores, apicultores, tarros de mel... Pasámolo moi ben coa amenización da charanga "Nova Terras de Trives" que nos enviou a Concellería de Educación.
|
|
Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celébrase nos centros de ensino o Día escolar da Non-Violencia e da Paz.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a Paz. Neste día, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Cos nosos bancos da amizade e murais, que decoramos co traballo de todo o alumnado do colexio, contribuimos simbolicamente a este gran propósito!!
|
|
No mes de xaneiro @s alumn@s de 1º a 6º de Primaria asistiron á pista de patinaxe sobre xeo que está situada no Centro Comercial Pontevella. Contamos coa colaboración da ANPA nesta actividade. Mirade que ben o pasamos!!
|
|
Xa chega o Nadal, e o colexio vístese de gala para recibilo. Este ano e cos traballos aportados pol@s alumn@s montamos este poboado navideño cheo de detalles... Mirade as fotos para comprobalo!!
Cos mellores desexos para toda a comunidade educativa,
BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!
|
|
O 30 de novembro participamos na actividade "Xogando ao atletismo", que se celebrou en Expourense, coincidindo con Sportur. Asistimos cos alumn@s de 4º e 5º de Primaria, que competiron nas modalidades de velocidade individual, lanzamento de balón medicinal, lanzamento de vórtex, salto lateral e relevos. Ademais puidemos visitar os expositores e actividades deportivas que se promocionaban en Sportur.
A participación foi todo un éxito, tanto polos resultados como polo clima de participación e "competición sen presión", na que todos acadamos o obxectivo de PARTICIPAR!!!
|
|
Alumn@s de 1° e 2° acudiron ao Auditorio para presenciar o espectáculo de Odaiko Percussion Group, patrocinado por Afundación de Abanca.
Vaia ritmo!, de Odaiko Percussion Group, é unha proposta musical que ten á percusión como principal protagonista para crear unha obra cargada de humor e improvisación que convida os escolares a interactuar utilizando a súa creatividade e imaxinación.
|
|
Dende o ano 2000 a Asemblea Xeral da ONU designou o 25 de novembro como o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Comunidade Educativa do noso centro participa na conmemoración deste día aportando o seu gran de area. Este curso decoramos as aulas coas "portas violeta", para ao entrar atoparnos un mundo sen violencia onde convivamos tod@s.
|
|
Un total de 112 atletas do CEIP Curros Enríquez participaron na última edición da "San Martiño", que se celebrou o pasado 12 de novembro. Noraboa a tod@s @s participantes. Aquí tedes un resumo da clasificación e se queredes máis información podedes entrar no seguinte enlace. |
|