O pasado día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. No CEIP Curros Enríquez tod@s somos Rosalía e facemos nos@s os valores polos que ela loitou.
|
|
O día 20 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2017/18.
Houbo un pouco de todo: bailes, teatro, cancóns... e como non, a entrega de orlas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.
Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.
Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)
|
|
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a María Victoria Moreno Márquez, polo seu labor na literatura infantil e xuvenil en galego. Para conmemorar o día, @s alumn@s de 6º escribiron poemas, deseñaron caligramas e elaboraron un comic sobre a vida da escritora. |
|
|
|
@s alumn@s de 2º tamén recordaron a Rosalía de Castro, e para elo ilustraron o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Podedes escoitar o poema musicado por Amancio Prada mentres disfrutades dos seus traballos.
|
|
|
|
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polos colexios. Velaquí a nosa aportación. ABRIDE A FIESTRA!!
Cada ano a AELG encomenda a un autor/a o texto do manifesto que se propón ler en cada un dos actos que calquera entidade ou colectivo queira organizar para celebrar o Día de Rosalía de Castro. Este ano foi María Reimóndez a encargada da elaboración do seguinte manifesto
|
O día 22 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2016/17.
Houbo un pouco de todo: bailes, teatro,... e como non, a entrega de diplomas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.
Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.
Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)
|
|
|
|
Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celebrase nos centros de ensino o Día escolar da Non-Violencia e da Paz.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a Paz. Neste día, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Mirade que traballos fixemos para conmemorar este día tan arraigado no noso colexio!!
|
|
|
O pasado 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao ourensán Carlos Casares. Botade unha ollada para ver os traballos que elaboraron os alumn@s do colexio para conmemorar este día tan sinalado para a lingua galega! |
|
|
|
O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día do Medio Ambiente, e @s alumn@s de 4º, que fixeran unha plantación de nogueiras no patio do colexio, levaron cadansua nogueira para plantalas nas súas fincas e poder comer noces dentro duns anos. Un xeito nutritivo de coidar o medio ambiente e contribuir á redución do efecto invernadoiro!!
|