Skip to Content

Educación Infantil

6º INFANTIL : MONDRIAN

 

E para darlle un toque de color a este trimestre quen mellor que Mondrian, ese neno que naceu con bigote e acabou dándolle tanta cor a todas as súas obras!!

 

 

 

INFANTIL 3 ANOS: O PRIMEIRO CADRO

 

As nenas e os nenos de 3 anos son uns artistas!! Fixeron o seu primeiro “cadro grande” no cole. Como? Mesturando pingas de pintura azul, vermella, amarela, laranxa e verde. As súas mans puxéronse en funcionamento e aquí tedes o resultado con marco incluído.

 

 

BENVIDA AOS ALUMN@S DE 3 ANOS

 

Ainda que vai un pouco tarde, non queremos esquecernos de darlles a benvida aos alumn@s de Infantil de 3 anos que comezaron este curso no noso e xa, o seu colexio. BENVIIIID@@@SSS....!!!!!!

 

 

 

6º INFANTIL: DE VACACIÓNS A MARTE

 

@s nen@s de 5 anos viaxamos ao Universo e descubrimos planetas, estrelas, constelacións, a lei da gravidade, os movementos da Terra, as fases da Lúa... Tamén traballlamos a obra de Van Gogh "A noite estrelada". Encantounos elaborar os foguetes cos que viaxamos ao espazo. Unha viaxe da que fixemos moitas fotografías e traballos que podedes ver nos seguintes enlaces!!

 

5º INFANTIL: PROXECTO "OS PIRATAS"

 

 

No último trimestre do curso os nen@s de 4 anos surcaron os mares no seu navío pirata, e abordaron unha morea de novos coñecementos que gardarán coma se dun tesouro se tratara. Algunhas das xoias dese tesouro quedan retratadas nos atallos que aquí vos presentamos!!

 

INFANTIL 3 ANOS: PROXECTO "AS ABELLAS"

 

No último trimestre do curso @s nen@s de infantil de 3 anos investigaron sobre as abellas e o proceso de produción do mel. Revisade os seus traballos se qeredes aprender máis sobre este rico manxar.

TEATRO EN INFANTIL

O pasado luns, 4 de xuño, viñeron unhas alumnas da Universidade, que estudan o Grao de Educación Infantil no Campus de Ourense. Fixéronnos as dramatizacións de dous contos: primeiro “O coelliño branco” de X. Ballesteros e O. Vilar. E despois unha adaptación de “¡Oh!” de J. Goffin. Ambas gustaron moitísimo a todo o alumnado de E. Infantil, que puido participar desta estupenda iniciativa no ximnasio do noso centro escolar.

INFANTIL 4 ANOS: OS INVENTOS

 

 

Despois da traxedia ocorrida tras a extinción dos nosos dinosaurios, tivemos que pornos as pilas e... INVENTAR!!

O noso esforzo supuxo moitas horas de traballo. Aquí tedes a proba!!

 

 

INFANTIL 3 ANOS: LIBRO DOS SENTIDOS

 

 

@s nen@s teñen que explorar e descubrir o mundo que lles rodea, de aí a importancia de coñecer e desenvolver as posibilidades que pon ao seu alcance o seu propio corpo.

Traballamos no 2º trimestre os 5 sentidos, descubrindo o que podemos coñecer a través deles: para que nos serven, onde están situados e a súa importancia.

Xogamos, contamos contos, cantamos... unha morea de actividades que nos divertiron moito!

 

2º TRIMESTRE: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS INFANTIL

   
Distribuir contido


by Dr. Radut