Skip to Content

Complementarias

OBRADOIROS NO CEIP CURROS ENRÍQUEZ

 

Neste trimestre @s alumn@s de Curros participaron en varios Obradoiros sobre "Igualdade" (Infantil e Primaria), "Seguridade e saúde" (3º e 4º) e "Acoso escolar e ciberbullying" (5º e 6º), que se desenvolveron no centro. Tratamos de incidir nos aspectos máis importantes para facer a convivencia no colexio todavía mellor.
 

 

25N: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

MAGOSTO 2019

 

O pasado venres 8 de novembro celebramos o magosto: fixemos un circuito de xogos no que participamos todos os nen@s do colexio, e despois comemos as castañas asadas, para matar a fame que nos entrou de tanto correr. Mirade que ben o pasamos...!!

 

    

 

 

 

SAMAÍN 2019

 

 

Chegou o outono e con el a vendima, as castañas, a chuvia , a caída da folla, pero tamén chega o SAMAÍN, e vagan polo colexio un montón de espíiiirituuuussss que nos fan vivir estes días dun xeito especial: CON MOIIIITOOOO MEEEDOO!!!

 

4º-5º-6º PRIMARIA: SEMANA DA MOBILIDADE

O CEIP Curros Enríquez súmase a SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, que se celebrou do 16 ao 22 de Setembro, participando nas actividades de sensibilización, organizadas polo Concello de Ourense, a través das Concellerías de Educación, Medio Ambiente, Transporte e Mobilidade e Tráfico. en colaboración coa DGT (Jefatura Provincial de Tráfico de Ourense).

Este ano a campaña organízase baixo o lema "Camiña con nós", e que ten como obxectivo, sensibilizar tanto os responsables politicos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade tanto para a saúde pública como para o medioambiente, e os beneficios do uso dos medios de transporte mais sustentables como o transporte público, como a bicilcleta e as viaxes a pé.

@s alumn@s de 4º participaron nas  Sesións formativas de mobilidade sostible e circuito de educación viaria e @s de 5º e 6º nos Circuitos de accesibilidade "Ponte no meu lugar" en colaboración coa ONCE, COGAMI, DISCAFI e AIXIÑA.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

O día 20 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2018/19.

Houbo un pouco de todo: bailes, teatro, cancións... e como non, a entrega de orlas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.

Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.

Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)

 

 

O ÁRTICO ROMPE: 3º A 6º PRIMARIA

 

@s alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º visitaron a exposición da Obra Social ”la Caixa” "O Ártico rómpese". Ten por obxecto mostrar a singularidade dos ecosistemas do Polo Norte, detallando o importante papel que xogan no clima global, así como as súas
características físicas e a súa biodiversidade. E todo isto, a través dun cento de abraiantes fotografías dun dos máis prestixiosos fotógrafos de natureza, Andoni Canela.
 Para coñecer máis de preto estes valiosos ecosistemas e valorar a súa importancia, a mostra preséntase dividida en catro ámbitos: o clima ártico, a vida nunha situación extrema, a pegada humana e as luces do norte.

 

 

 

3º A 6º PRIMARIA: OBRADORIO GAS NATURAL

 

@s alumn@s de 3º a 6º de primaria participaron nun obradoiro que a Fundación Gas Natural realizou no colexio.
Puideron descubrir a orixe do gas natural, o seu uso como fonte de enerxía, a súa composición e os estados
nos que se atopa.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2018

 

O día 20 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2017/18.

Houbo un pouco de todo: bailes, teatro, cancóns... e como non, a entrega de orlas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.

Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.

Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)

 

 

 

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS 3º TRIMESTRE

 

Distribuir contido


by Dr. Radut