Skip to Content

Entradas recentes

6º INFANTIL: CARAS DIVERTIDAS

 

@s alumn@s de 6º de Infantil pasaron un bo intre estimulando a creatividade para elaborar as caras de persoas e animais cos complementos máis insospeitados!!!

 

 

4º: DÍA DOS MUSEOS

 

Para conmemorar o Día dos Museos @s alumn@s de 4º paticipan nun proxecto colaborativo co Museo Arqueolóxico no que deseñarán as salas expositivas do futuro museo. Terán que traballar por equipos, dividir o traballo para escoller as pezas que se exporán na sala, documentalas, elaborar os carteis explicativos, deseñar a colocación e o percorrido da visita.

Todo un traballo de museólogos!!!

5º: AS ONG DO FUTURO

 

Os alumnos de valores de 5º de E.P  traballamos a importancia das ONG nas nosas vidas, por iso fixemos un proxecto de cales poden ser as ONG do futuro.

"AÍ VEN O MAIO!"

 

Na última semana de abril elaboramos o maio do colexio. A Anpa colaborou coa construción da base de madeira con forma piramidal e recuberta de tea de saco. A decoración do maio, dentro da modalidade de "maio creativo", correu a cargo d@s alumn@s de Primaria. O resultado foi espectacular!!

 

DÍA DO LIBRO 2021

Na semana do 19 ao 23 de abril conmemoramos o Día do Libro cunha morea de actividades, tanto na aula como fóra dela…

RELATOS DE MEDO 2020

 
No primeiro trimestre convocouse no centro o concurso “Relatos de medo do que agora  publicamos os textos gañadores. Noraboa a tod@s!!!!
 
 
 
 
 

SORTEO RIFA ANPA: "Brunch Día do Pai"

Publicamos o resultado do sorteo da rifa organizda pola Anpa Paniagua: o número premiado resultou ser o 465                                                                                 

 

POLA IGUALDADE!!

 

Tamén celebramos no colexio unha xornada pola Igualdade coa colaboración de Dinamo Xestión: contacontos en Infantil e 1º Ciclo de Primaria ("Non máis princesas") e Xincana pola Igualdade para 2º e 3º Ciclos de Primaria.

                                 

1º: AMARTIZAXE, A CHEGADA DO PERSEVERANCE Á SUPERFICIE MARCIANA

 

 

Aquí podedes contemplar a chegada do rover Perseverance a Marte dende a perspectiva dos nenos e nenas de 1º de Primaria. O Espazo e a creatividade poden ir da man, non si?

 

 

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado 8 de marzo celebramos no colexio o Día Internacional da Muller cunha exposición colectiva na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. @s alumn@s de Primaria documentaron fichas de mulleres pioneiras e senlleiras nos distintos ámbitos da sociedade (ciencia, educación, arte, cultura...). E @s alumn@s de Infantil aportaron á exposición as mulleres das súas familias.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut