Skip to Content

INFANTIL 4 ANOS: OS INVENTOS

 

 

Despois da traxedia ocorrida tras a extinción dos nosos dinosaurios, tivemos que pornos as pilas e... INVENTAR!!

O noso esforzo supuxo moitas horas de traballo. Aquí tedes a proba!!

 

 

INFANTIL 3 ANOS: LIBRO DOS SENTIDOS

 

 

@s nen@s teñen que explorar e descubrir o mundo que lles rodea, de aí a importancia de coñecer e desenvolver as posibilidades que pon ao seu alcance o seu propio corpo.

Traballamos no 2º trimestre os 5 sentidos, descubrindo o que podemos coñecer a través deles: para que nos serven, onde están situados e a súa importancia.

Xogamos, contamos contos, cantamos... unha morea de actividades que nos divertiron moito!

 

3º: ESTACIÓN METEOROLÓXICA

 

 

Co obxectivo de traballar a recollida de datos das distintas variables do tempo atmosférico, @s alumn@s de 3º saben de primeira man o que é un pluviómetro e un viraventos, ademais de manexar o compás para de onde sopra o vento.

 

 

 

2º TRIMESTRE: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS INFANTIL

   

2º TRIMESTRE: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PRIMARIA

 


 

2º: OS SERES VIVOS

 Se queredes saber algo máis sobre os vertebrados e as plantas aquí tedes dúas publicacións da editorial "Os de 2º". Con ilustracións e todo... Disfrutadeas!!

5º: ENCONTROS CO AUTOR

Este curso @s alumn@s de 5º participaron na actividade "Encontros co autor", organizada pola Concellería de Educación. O libro que leron para asistir ao "encontro" foi "Avións de papel", de Xavier Estévez Ferreiro.
Foi unha boa experiencia na que os alumn@s puideron coñecer ao autor e facerlle algunha pregunta sobre a novela que acababan de ler.








 

 

6º: CAMPAÑA PUBLICITARIA

 

Para traballar a linguaxe publicitaria que mellor que unha boa campaña de difusión para dar a coñecer as ventaxas deste centro, agora que estamos en período de admisión. Estes son algúns traballos de alumn@s de 6º.

 

2º: DÍA DE ROSALÍA

@s alumn@s de 2º tamén recordaron a Rosalía de Castro, e para elo ilustraron o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Podedes escoitar o poema musicado por Amancio Prada mentres disfrutades dos seus traballos.

 


 

 

3º: O RELEVO

 

 

No seu laboratorio de ciencias @s alumn@s de 3º elaboran os seus traballos para "construir" a aprendizaxe sobre diversos temas.

Se queredes repasar os elementos do relevo de costa e de interior, nada mellor que estas maquetas elaboradas por eles. Podedes observalas con detalle na galería fotográfica.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut