Con motivo do Día Internacional dos Museos que se celebrou o xoves 18 de maio, o Museo Arqueolóxico de Ourense abriu as súas portas aos escolares. Os alumn@s de 2º, 4º e 6º de primaria realizaron unha visita polas instalacións do que foi pazo episcopal ata mediados de século, e foron descubrindo como o edificio foi evolucionando dende a súa orixe romana ata a actualidade. Os cativ@s puideron coñecer tamén nun obradoiro un pouco máis da historia da colonización romana e a convivencia cos castrexos : "Castrexos e romanos, amigos ou inimigos?". Así puideron elaborar en barro as súas propias táboas de hospitalidade como as que asinaron os romanos cos castrexos de Castromao, que podedes ver nas reportaxes fotográficas que realizamos.
|
|
|
|
|
|
O pasado 3 de maio @s alumn@s de 5º e 6º asistiron á Convivencia cos colexios Curros Enríquez de Galicia que se celebra en Celanova, organizada pola Fundación Curros Enríquez. Participaron nunha morea de actividades: visita a Castromao, Campanario do mosteiro de S. Salvador, Capela mozárabe de S. Miguel, Casa Museo de Curros, Claustros e Biblioteca do mosteiro (IES de Celanova), Igrexa do mosteiro, concerto de órgano e visita a Vilanova dos Infantes. Comprobade o ben que o pasamos e a riqueza patrimonial de Celanova no enlace coas fotografías!!
|
|
É unha ferramenta máxica e novidosa, que ademáis de ser capaz de captar a atención dos nosos nenos e nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención...). tamén traballa aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e raparigas para se divertiren na nosa lingua.
DE QUE FALAMOS? Da técnica da dobraxe de películas, e concretamente nas películas de animación. @s alumn@s de 6º asistiron a unha sesión de dobraxe na que o pasaron en grande, e senon lede as súas valoracións neste enlace.
|
|
@s alumn@s de Infantil de 4 e 5 anos asistiron no Auditorio ao espectáculo "Acábate la sopa", promovido pola Obra Social "La Caixa".
A función presenta a Muriel, unha nena á que lle costa terminarse a sopa. Mentres vai comiendo, e a través da súa imaxinación, @s nen@s escoitan pezas de épocas e estilos moi distintos, que van dende unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ao minimalismo de Philip Glass, pasando por compositores do sécuo pasado como Shostakóvich e Eisler ou o pop dos Beatles.
O obxectivo é acercar a música aos nenos da forma máis didáctica posible, para que aprendan a «escoitar ben» e a facelo dunha forma activa para disfrutar da «arte, da música e da cultura en xeral».
|
|
Os nen@s de 5 anos cambiaron o seu rol de alumn@s polo de cociñeiros, creando un postre saudable nas instalacións de Kids & Us. E toda a receita en inglés!!! Que inmersión...!! Grazas pola invitación de Kids&Us.
|
|
|
Dentro da programación para Escolares Afundación, asistimos a "La maravillosa historia del violín trompeta", de Fetén Fetén. Un percorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres e sonoridades da música popular europea do s. XX para 5º e 6º de Primaria.
Unha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país. Con imaxinación e creatividade convertemos o violín nunha gaivota ou unha vaca! e escoitamos a brisa mariña desde o fol do acordeón. Deixámonos levar polo misterioso e doce son do serrón mentres escoitamos a Ave María de Schubert, paseamos pola Lisboa gris e chuviosa da man do vibrandoneón, e percorremos o vello Madrid da festa e a verbena mentres un stroviol ou violín trompeta murmura un foxtrot ou un valse melancólico.
|
Dentro da programación para Escolares Afundación, asistimos no Auditorio á obra de teatro "Paxaro amigo. Músicas para a paz", de Mamá Cabra. Un espectáculo para 1º e 2º de Primaria inspirado no libro "A bruxa Discordia", que anima a construírmos un mundo mellor e máis xusto.
Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo. Mais un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.
|
|