O pasado luns, 4 de xuño, viñeron unhas alumnas da Universidade, que estudan o Grao de Educación Infantil no Campus de Ourense. Fixéronnos as dramatizacións de dous contos: primeiro “O coelliño branco” de X. Ballesteros e O. Vilar. E despois unha adaptación de “¡Oh!” de J. Goffin. Ambas gustaron moitísimo a todo o alumnado de E. Infantil, que puido participar desta estupenda iniciativa no ximnasio do noso centro escolar.
|
|
|
|
Co obxectivo de dar a coñecer e difundir entre @s alumn@s de 5º e 6º o importante papel que xogan as diferentes ferramentas dixitais de realidade virtual, recibimos a visita dunha técnica de 123 Artes Dixitais. Enmarcada dentro do proxecto ICCKIDS, e patrocinado pola Deputación de Ourense, puidemos escoitar as aplicacións da realidade virtual e as saídas laborais que pode ter no futuro. Ademais experimentaron a sensación de primeira man usando as gafas e o móbil que lles proporcionaron na visita. |
|
O venres 27 de abril tivo lugar a entrega dos premios da IX edición do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo, en Santiago de Compostela. Fíxose entrega das 12 xoias aos gañadores, premiados entre os 80 finalistas. As xoias foron realizadas segundo os debuxos dos xóvenes deseñadores.
Participaron máis de 10.000 debuxos de nenos e nenas de toda Galicia, o que fixo moi difícil o labor do xurado que tivo que escoller só 80, 20 en cada categoría e logo 3 gañadores en cada categoría. O debuxo de Noelia, alumna de 4º do noso colexio, quedou entre eses 80 finalistas. Noraboa polo teu traballo!!
Se queredes ver os traballos finalistas mirade neste enlace.
|
@s alumn@s de 5º visitaron a Comisaría da Policía Local, onde lles deron unha charla sobre temas moi interesantes. Se queredes saber máis sobre os temas tratados, facede clic nos enlaces!
|
|
O pasado 26 de abril viaxamos a Ribadavia para participar nunha competición de deporte escolar, na modalidade de "Xogando co atletismo".
Asistiron 57 alumnos de Primaria, de 2º a 6º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, feminino e masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.
A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico no que se desenvolveron as probas. Esperamos volver o ano próximo!
|
|
|
O 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga, para recordar a importancia do seu coidado. Este ano Nacións Unidas elexiu como lema principal “Nature for Water” e invítanos a protexer aquelas solucións que xa existen na natureza e que serven para coidar da auga, como son os humedais, clave para a conservación da biodiversidade, as árbores que reteñen auga, e moitas máis.
@s alumn@s de 3º experimentaron coa auga para comprobar dúas das súas propiedades: a tensión superficial e a capilaridade, que fan que a auga ascenda polos panos de papel ata igualar os niveis dos dous vasos.
|
O pasado 26 de abril visitáronnos varios músicos do Conservatorio para dar a coñecer os seus intrumentos aos alumn@s de Curros, e tamén para animalos a que asistan ao Conservatorio, se queren converterse eles mesm@s en músicos. Os instrumentos dos que puidemos desfrutar foron: trompa, percusión, acordeón, viola da gamba e frauta de pico. Escoitade...! |
|
|
|
|
|
|
|