|
Un ano máis a cidade de Ourense súmase a SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, que se celebra do 16 ao 22 de Setembro, cun programa de actividades participativas e de sensibilización, organizadas polo Concello de Ourense, a través das Concellerías de Educación, Medio Ambiente, Transporte, Tráfico. en colaboración coa DGT (Jefatura Provincial de Tráfico de Ourense), e STOP Accidentes.
Este ano a campaña organízase baixo o lema , "Compartir, lévate máis lonxe", e que ten como obxectivo sensibilizar tanto aos responsables politicos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medioambiente, e os beneficios do uso dos medios de transporte mais sustentables como o transporte público, como a bicicleta e as viaxes a pé.
@s alumn@s de 4º e 5º participaron en horario de 10 a 13.30 horas, na rúa Xaquín Lourenzo Xocas e no Parque de San Lázaro, en talleres e charlas de mobilidade, clases prácticas na que persoal especializado explicou ao alumnado como manter a punto a bicicleta, engraxado, axustes básicos e arranxo de picadas para mellorar a seguridade. E como non, un paseo en bicicleta polo circuito que habilitaron nesta zona, no que puideron demostrar a súa pericia no manexo das dúas rodas e o repecto aos sinais de circulación.
|