O pasado 17 de marzo desplazámonos á pista de atletismo de Expourense para participar na fase final provincial da modalidade "Xogando co atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.
Asistiron 50 alumnos de Primaria, de 2º a 5º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, tanto feminino como masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto de altura, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.
A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas.
|
|
|
Celebrar conmemoracións nas escolas plantexa un problema importante. Son anuais e corremos o perigo de repetir actividades e ideas. Por iso esta curso 2021-22, no CEIP Curros Enríquez de Ourense decidimos apostar por incorporar os robots (neste caso mbots). Así deseñamos un circuito de xogos relacionados co Día da Muller no que un dos xogos era un “Reto Robótico”. Os alumn@s debían sortear os muros que simbolizaban as barreiras ás que se enfrontan as mulleres cada día. Neste e nos demais xogos, os equipos conseguían puntos que lles permitían optar a abrir unha caixa (que tiña un cadeado) se adiviñaban a solución. A sorpresa do interior da caixa era un enlace a un vídeo que lles falaba da necesidade do empoderamento das mulleres. Esta era a listaxe dos xogos:
• Memory de “Mulleres na Ciencia” • Barullo de letras relacionado con este día. • Elaboración dun “Comecocos” de igualdade. • Descifrar unha “Mensaxe Secreta”. • Reto robótico de superación de muros que dificultan o camiño diario das mulleres. |
ENLACE PRENSA 1
ENLACE PRENSA 2
|
|
|
A partir deste curso toca conmemorar a Rosalía de Castro o 23 de febreiro, data do seu nacemento.
O ENDLG deseñou un photocall cos datos biográficos da nosa autora máis senlleira e coa súa obra máis importante.
Non quedou ninguén sen fotografar con Rosalía!!
"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."
Rosalía de Castro
|
|
|
Unha semana de entroido intensa, cos mandados do meco, a visita dos personaxes do entroido ourensán, a visita da tuna... As galerías de fotos dan fe do ben que o pasamos!!
Bo entroido para tod@s!!
|
|
|
Rematou o 1º período de reparto de froita, volveremos co reparto de leite (envases de 200 cc) en marzo. E no mes de maio iniciaremos o 2º período de reparto de froita con novas variedades!!! |
|
|
@s alumn@s de 5º de Primaria participaron na charla da investigadora Andrea Mouriño, especialista en Prehistoria. Experimentaron co arte rupestre, concretamente coas pinturas prehistóricas, manipularon os pigmentos e mesturáronnos con aglutinantes que se empregaban na prehistoria e pintaron algún motivo representativo deste tipo de arte.
|
|
|
Achegamos a programación do Entroido deste ano para contaxiar á comunidade educativa do espírito festivo destes días, para dar a coñecer as actividades que celebraremos e sobre todo para coñecer os mandadiños do meco que teremos que cumprir nestes días.
Bo Entroido para tod@s!!
|
|
Para ilustrar as formas de relevo @s alumn@s de 3º elaboraron estas maquetas tan vistosas, non volas perdades!! |
|
|
O pasado 10 de febreiro acudimos a pista de Expourense para participar no "Xogando ao atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.
Asistiron 50 alumnos de Primaria, de 2º e 3º de Primaria, na categoría de benxamín mixto. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, triplo salto, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.
A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas. Esperamos repetir o curso próximo!
|
|
|
Este ano para conmemorar o Día da Paz levamos adiante unha campaña de vacinación contra a violencia e a intolerancia. No pdf podedes ver as distintas fases da campaña e os actos que se desenvolveron.
Por un 2022 cheo de Paz e Respecto!!
|
|
|