En 4º realizamos moitas experiencias que nos demostran que o dito "a experiencia é a nai da ciencia" é totalmente certo. Se queredes participar dos nosos experimentos, entrade na galería de fotografías!
|
|
@s nen@s de 5 anos viaxamos ao Universo e descubrimos planetas, estrelas, constelacións, a lei da gravidade, os movementos da Terra, as fases da Lúa... Tamén traballlamos a obra de Van Gogh "A noite estrelada". Encantounos elaborar os foguetes cos que viaxamos ao espazo. Unha viaxe da que fixemos moitas fotografías e traballos que podedes ver nos seguintes enlaces!!
|
|
|
No último trimestre do curso os nen@s de 4 anos surcaron os mares no seu navío pirata, e abordaron unha morea de novos coñecementos que gardarán coma se dun tesouro se tratara. Algunhas das xoias dese tesouro quedan retratadas nos atallos que aquí vos presentamos!!
|
|
No último trimestre do curso @s nen@s de infantil de 3 anos investigaron sobre as abellas e o proceso de produción do mel. Revisade os seus traballos se qeredes aprender máis sobre este rico manxar.
|
No mes de xuño @s alumn@s de 5º e 6º foron de excursión para visitar os seguintes enclaves ourensáns: Castro de S. Cibrán de Lás, Piscifactoría do Carballiño e Mosteiro de Oseira. Aínda que o tempo non acompañou, puidemos cumprir todo o programa e pasalo moi ben. Revisade as fotografías e tamén os comics que elaboraron en 5º para recordar as visitas realizadas.
|
|
|
Visitounos no centro unha experta da Denominación de Orixe "Mel de Galicia", que lles explicou aos alumn@s de infantil e primaria o proceso de elaboración do mel. Ao finalizar a charla, puideron degustar unha mostra de mel que fixo as delicias de tod@s!
|
|
No laboratorio de 3º o mesmo estudan a estrutura da flor como montan un viveiro de árbores. A partir de sementes de castiñeiro obterán os exemplares que logo serán transplantados para contribuir á reforestación do noso monte, con especies autóctonas coma o castiñeiro.
|
O día 20 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2017/18.
Houbo un pouco de todo: bailes, teatro, cancóns... e como non, a entrega de orlas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.
Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.
Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)
|
|
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a María Victoria Moreno Márquez, polo seu labor na literatura infantil e xuvenil en galego. Para conmemorar o día, @s alumn@s de 6º escribiron poemas, deseñaron caligramas e elaboraron un comic sobre a vida da escritora. |
|
|
|
|
@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria, como nativos dixitais, recibiron unha charla sobre a seguridade na rede, impartida por un enxeñeiro informático ao que fixeron moitas preguntas. Se queredes saber de que falaron, lede as redaccións que atoparedes no enlace.
|