Skip to Content

Complementarias

TEATRO EN INFANTIL

O pasado luns, 4 de xuño, viñeron unhas alumnas da Universidade, que estudan o Grao de Educación Infantil no Campus de Ourense. Fixéronnos as dramatizacións de dous contos: primeiro “O coelliño branco” de X. Ballesteros e O. Vilar. E despois unha adaptación de “¡Oh!” de J. Goffin. Ambas gustaron moitísimo a todo o alumnado de E. Infantil, que puido participar desta estupenda iniciativa no ximnasio do noso centro escolar.

2º TRIMESTRE: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS INFANTIL

   

2º TRIMESTRE: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PRIMARIA

 


 

OS TRABALLOS DO ENTROIDO

Se queredes ver os traballos que realizamos durante o entroido clicade nas fotografías. Vale a pena!!!

ENTROIDO 2017

Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o desfile o venres 9 de febreiro. O patio encheuse de colorido cos disfraces das "etapas da vida": bebés, infantil, moz@s e vell@s.
Este curso tamén contamos con animación durante e despois do desfile (financiada polo colexio e pola ANPA).
Pasámolo moi ben, e proba tédela nesta colección de fotografías!!

 

 

 

DÍA DA PAZ 2018

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para recordar cada 30 de xaneiro. Neste día comprometémonos como defensores da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.   

 

3º: "RUBICUNDO"

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu en outubro "Rubicundo", de Teatro dos Ghazafelhos, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. ao que asistiron @s alumn@s de 3º de primaria.

Todas as noites Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara neste personaxe con gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás a curiosa e soñadora Erea, disposta a chegar ata o final daquel misterio.

Unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía que nos anima a perseguir os nosos soños sen límites nin distancias. Unha posta en escena chea de sorpresas que pasan pola música, os monicreques, a acrobacia e o claqué, entre outros.

Adaptación do libro de Rubicundo de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

 

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS 1º TRIMESTRE

 

Outras actividades complementarias ás que asistiron @s nos@s alumn@s durante o primeiro trimestre foron as seguintes:

   

CHEGARON OS REIS!!

 

Á volta das vacacións de nadal atopámonos coa grata sorpresa de que os Reis Magos deixaron un montón de regalos para as aulas de Infantil.

Mirade que festa na apertura dos regalos!!

 

 

CAMPÁS DE NADAL

 

@s alumn@s de Infantil, coa colaboración das súas nais/pais, decoraron a súa propia campá de Nadal. Mirade que variedade de elementos decorativos e colorido temos nos traballos que presentaron!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut