Skip to Content

Entradas recentes

INFANTIL E PRIMARIA: CONTACONTOS CON SABELA GAGO

O alumnado de Infantil e Primaria puido disfrutar do "saber contar" de Sabela Gago no patio cuberto do colexio. 

3º a 6º PRIMARIA: EXCURSIÓN ÓS MUSEOS DE A CORUÑA

A principios de xuño o alumnado de 3º a 6º de Primaria viaxou ata A Coruña para visitar os Museos Científicos: Domus, Casa dos Peixes e Casa das Ciencias. Un día completo cheo de emocións e novas experiencias!!

BIBLIOTECA: DÍA DO LIBRO 2022

    Dende a biblioteca preparamos as actividades do Día do Libro. Unha delas foi un xogo con Escornabots. Trátase do famoso “Trivial”, que nós adaptamos para incorporar os robots. É un xogo competitivo no que houbo premios. Cada alumno avanza o seu robot ata o libro que desexe ( algún que lera ) e recibirá unha pregunta. Se acerta recibe 1 punto e continúa xogando. Se falla queda eliminado. A idea é fomentar a lectura dunha serie de libros que sexan moi recomendados para a Educación Primaria.

 

 

BIBLIOTECA CREATIVA: Chaveiro por Ucraína

Diante dos acontecementos tan terribles que está a vivir o pobo ucraíno, pensmos en como involucrar á comunidade educativa nunha actividade solidaria e poder colaborar economicamente.

Como a Biblioteca do noso colexio foi dotada dunha impresora 3D por participar no proxecto da Consellería de Educación denominado "Biblioteca Creativa", pensamos en deseñar e imprimir un chaveiro do mapa de Ucraína coa palabra "HOPE" (esperanza en inglés).

Nestes días vemos o horror da destrucción das súas vidas e das súas casas; coa idea do chaveiro solidario proxectamos a esperanza dun proxecto de reconstrucción dos seus fogares e poder acadar unhas chaves novas coa ilusión dunha vida nova xunto coas súas familias.

Imprimíronse arredor de 300 chaveiros, dos que pediamos unha aportación voluntaria. Entre tod@s recadamos mil cincocentos euros, que entregamos á nosa ANPA para que os ingrese a unha organización humanitaria, con fin de aportar a nosa humilde axuda ó pobo ucraíno.

Queremos contar tamén a historia real dunha muller ucraína, Nataliya, que estaba ingresada nun Hospital galego nos días do comezo da guerra. Para animala fixémoslle chegar un dos primeiros chaveiros. A súa reacción foi esbozar un sorriso, agradecer o xesto e deixar escapar unhas bágoas pola terrible situación do seu país.

AGRADECEMOS A PARTICIPACIÓN DE TODAS E TODOS E DESEXAMOS QUE A GUERRA FINALICE XA!!

 

NA PRENSA:

FARO DE VIGO

LA VOZ DE GALICIA

4º INFANTIL + 1º PRIMARIA: EXCURSIÓN A "ACOUGO"

O 20 de maio o alumnado de 4º de Infantil e 1º de Primaria foron de excursión ao Centro de ocio na  natureza "Acougo", situado en Vilamarín. Pasáronno en grande!!

5º-6º INFANTIL + 2º PRIMARIA: EXCURSIÓN A MARCELLE

O pasado 20 de maio o alumnado de 5º e 6º de Infantil e 2º de Primaria foron de excursión a Marcelle Natureza: é un parque zoolóxico localizado no municipio lucense de Outeiro de Rei que xurdiu como unha granxa de avestruces nun núcleo zoolóxico mediante a introdución paulatina de diferentes especies.

No parque pódense atopar especies da fauna autóctona, nas que destacan o lobo ibérico, o xabarín e o oso pardo europeo; así coma especies exóticas coma bisontes, linces boreais, suricatas, avestruces, dromedarios, canguros, mapaches, capibaras ou armadillos entre outras.

 

 

2º PRIMARIA: VISITA Á BIBLIOTECA DA PONTE

@s alumn@s de 2º visitaron a Biblioteca Municipal de A Ponte, onde participaron en distintas actividades de animación á lectura.

6º PRIMARIA: PIRAGÜISMO EN CASTRELO DE MIÑO

O pasado 19 de maio asistimos á actividade de Piragüismo-Dragóns que se desenvolveu nunha embarcación DB22, no Parque náutico de Castrelo de Miño, organizada dentro do programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte. Un día perfecto para o deporte náutico, con moita calor, no que puidemos poñer a proba as destrezas como palistas d@s alumn@s de 6º. 

DÍA DO LIBRO 2022: CONCURSO DE BOOKTUBERS

Dende o equipo de Biblioteca propuseron un concurso de booktubers para celebrar o Día do Libro, con gran éxito de participación. Podedes ver os vídeos para decidir que títulos preferides ler despois das imaxinativas recomendacións dos compañeir@s!!

VÍDEOS BOOKTUBERS

 

 

ENTREGA DE PREMIOS

 

FIN DO 2º PERÍODO DE REPARTO DE FROITA

Rematou o 2º período de reparto de froita, volveremos o curso próximo para contribuir á adquisición de hábitos alimentarios sans e saudables!!
Distribuir contido


by Dr. Radut