Skip to Content

Complementarias

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O pasado 8 de marzo conmemoramos no centro o "Día internacional da muller" coa colaboración da Anpa e Sustinea, para reivindicar a igualdade e destacar a súa relevancia na sociedade. A actividade consistiu en recoñecer o labor de mulleres ás que se lle adicou algunha rúa nos barrios da cidade.

 

 

 

3º e 4º: EXCURSIÓN AOS MUSEOS DA CORUÑA

 

A finais de febreiro @s alumn@s de 3º e 4º de Primaria viaxaron a Coruña para visitar a Domus, O Muncyt e o Aquarium.

 

 

 

5º: POEMAS POLA PAZ

 

Sempre é tempo de promover valores pola PAZ e a CONVIVENCIA. Lede os poemas pola paz d@s alumn@s de 5º.


 

ENTROIDO 2019

 

Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o desfile o venres 1 de marzo. O patio encheuse de colorido cos disfraces do conto "O mago de Oz": Dorothy, o home de folladelata, o espantallo, o león, o mago de Oz...
Este curso tamén contamos con animación durante e despois do desfile (financiada polo colexio e pola ANPA).
Pasámolo moi ben, e a proba tédela nesta colección de fotografías!!

Tamén tivemos cobertura por parte da prensa local! enlace

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2019

Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celebrase nos centros de ensino o Día escolar da Non-Violencia e da Paz.

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a Paz. Neste día, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Mirade que traballos fixemos para conmemorar este día!!

3º, 4º e 6º: "MARCELO MACÍAS, 175 ANIVERSARIO"

@s alumn@s de 3º, 4º e 6º visitaron na Sala de Exposicións Afundación de Ourense a mostra «Marcelo Macías. 175 aniversario». O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense presenta este proxecto expositivo para dar a coñecer, e recoñecer ao mesmo tempo, o inxente labor de Marcelo Macías, un astorgano afincado en Ourense que achegou un importante movemento cultural á cidade das Burgas desde finais do XIX ás primeiras décadas do XX.

Crego, historiador, epigrafista, numismático e mestre, Marcelo Macías representou un destacado papel en diferentes planos da cultura ourensá. A raíz dos seus numerosos estudos e a súa implicación coa historia e arqueoloxía provincial, conseguiu erixir entidades para a conservación do patrimonio, coma o propio Museo Arqueolóxico Provincial.

Os obradoiros foron os seguintes:
 
• O conto do sacerdote que namorou de Ourense (3º de primaria)
• O príncipe da oratoria (4º e 6º de primaria)

 

XANA E A FÁBRICA DE SOÑOS

 

O pasado 18 de decembro @s alumn@s de curros asistiron a un contacontos que a ANPA financiou co obxecto de ambientar as festas do Nadal que se aproximaban.

 

 

 

EMERXENCIAS NO CURROS ENRÍQUEZ

 

No ciclo de Infantil desenvolveron un proxecto sobre o "112: Emerxencias", e para iso contaron coa colaboración dos servizos que teñen responsabilidade nesta área. Así visitáronnos membros da Policía Local e de Protección Civil, que nos deron as pautas básicas para proceder nun caso de emerxencia.

 

 

 

4º, 5º E 6º: "EL MUNDO DE LA ENERGÍA"

A través de actividades interactivas na Aula Móbil da fundación Repsol, os alumn@s de 4º, 5º e 6º aprenderon moito sobre o mundo da enerxía. Algúns dos  temas que descubrimos son:

    *A importancia da enerxía na nosa vida
    *O reto actual de atender a necesidade de enerxía de forma sostible
    *As últimas novidades en investigación e innovación da industria enerxética
   *As aplicacións do gas e do petróleo e os seus derivados
    *Os procesos de exploración, refino e obtención dos produtos derivados do petróleo

 

 

MAGOSTO 2018

 

O día 9 de novembro, véspera do S. Martiño, celebramos o Magosto no colexio. Xogos, carreiras, castañas e tizóns para pintar a cara.

Pasámolo moi ben!! E senon mirade as fotografías da festa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut