Skip to Content

Educación Infantil

O CORPO HUMANO: UN PUZLE

 

 

Os alumn@s de Infantil de 5 anos elaboraron este libro no que van encaixando os aparatos do corpo humano. Queredes botarlle unha ollada?? Clicade na portada.

 

 

 

 


A CASTAÑEIRA MARINA

 

O grupo de Infantil de 4 anos traballou na elaboración deste CONTO arredor da castaña e a "Castañeira Marina".

Queredes ler o conto? Pois facede clic na fotografía.

 

 

 

 

LIBRO DE RECEITAS

Os nen@s de Infantil de 5 anos son uns larpeiros. Elaboraron unha receita dun biscoito riquïiiiisimo e publicárona para que todos poidamos degustala na casa. Mirade que libro máis saboroso!!                                                                                                                                                                                                                                   

                       Facede clic aquí para velo

"DON QUIJOTE" EN INFANTIL

 Para conmemorar o Día do Libro 2013, os alumn@s de Infantil de 4 anos elaboraron este 

libro coas personaxes de "Don Quijote". Mirade que chuli lles quedou!!

Facede clic aquí

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO EN INFANTIL

  


Para conmemorar o Día do Libro, que se celebrou o 23 de abril, os alumn@s de Infantil xuntáronse diante do Mural dos Contos, e como non, cadaquen levou o conto que máis lle gostaba. Que mañá máis máxica...!!

Fai clic nas fotografías

O MURAL DOS CONTOS

Co gallo do Día do Libro os alumnos de Infantil montaron este mural dos contos, que ademais de encher de colorido o corredor do colexio anímanos a pasalo ben coa lectura.

 

Facede clic aquí para ver os contos do mural

 

 

 

 

 

 

 

 

AUTORRETRATOS E. INFANTIL 3 ANOS

Os pequen@s do cole tamén son uns artistas, e senon ollade a exposición que montaron cos seus autorretratos!! (Facede clic na fotografía)

                                                

CONTACONTOS E. INFANTIL

O pasado 2 de abril conmemorouse o Día Internacional do libro Infantil (aquí tedes un enlace para ver o cartel e a poesía conmemorativa).

Para celebralo no cole tivemos unha sesión de Contacontos para todos os alumn@s de Infantil, na que participaron activamente e o pasaron en grande con Sabela Gago, que fixo voar a súa imaxinación.

(fai clic na foto)


AS CASIÑAS MÁIS BONITAS

 

En Infantil de 4 anos traballamos a poesía de Gloria Fuertes (fai clic na fotografía e neste enlace para ver as casiñas)

 

Dibujar una casita

es la cosa más bonita.

Primero se hace un cuadrado,

y se le pone el tejado.

Píntale la chimenea

con el humo, ¡que se vea!

Dos ventanas y una puerta

bien cerrada, que no entre

una bruja que anda suelta.

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Os alumn@s de Infantil traballamos na clase o poema “Parese unha rosa” e coloreamos os retratos de Rosalía. A que quedou moi guapiña...

  

Distribuir contido


by Dr. Radut