Skip to Content

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: 6º INFANTIL POR EXIPTO E INDIA

 

Na súa viaxe arredor do mundo @s alumnł@s de 5 anos pasaron por Exipto e India. Se queredes viaxar con eles entrade no enlace das bandeiras!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019

 

O pasado día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. No CEIP Curros Enríquez tod@s somos Rosalía e facemos nos@s os valores polos que ela loitou.

 

 

 

 

ENTROIDO 2019

 

Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o desfile o venres 1 de marzo. O patio encheuse de colorido cos disfraces do conto "O mago de Oz": Dorothy, o home de folladelata, o espantallo, o león, o mago de Oz...
Este curso tamén contamos con animación durante e despois do desfile (financiada polo colexio e pola ANPA).
Pasámolo moi ben, e a proba tédela nesta colección de fotografías!!

Tamén tivemos cobertura por parte da prensa local! enlace

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020 - MODIFICACIÓN DAS VACANTES

Por incorporación dunha alumna en 1º de Primaria o día 26 de febreiro de 2019, modifícanse as vacantes para 2º de Primaria.

 

VACANTES 2º DE PRIMARIA: 1

 

Ourense, 26 de febreiro de 2019

A Directora

Mª Isabel Domínguez Pérez

EMERXENCIAS 112: PROXECTO EN 5º E 6º INFANTIL

Durante o pasado trimestre @s alumn@s de Infantil de 4 e 5 anos desenvolveron o proxecto "Emerxencias 112". Ademais do traballo realizado en clase e da colaboración das familias na elaboración de material, contamos coa visita dos servizos de emerxencia do concello (Policía Local, 112 e Protección civil).

E para rematar as nais e pais de alumn@s que traballan na rama sanitaria aportaron os seus coñecementos no "I Congreso médico" que se desenvolveu no Ximnasio do centro. Todo un éxito de participación que completou o proxecto dun xeito magnífico.

 

   

DÍA DA PAZ 2019

Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celebrase nos centros de ensino o Día escolar da Non-Violencia e da Paz.

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a Paz. Neste día, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Mirade que traballos fixemos para conmemorar este día!!

6º INFANTIL: CLASE DE ITALIANO

Para poder viaxar é importante dominar idiomas, por iso @s alumn@s de 5 anos reciben clase de italiano para levar adiante o proxecto "A volta ao mundo en 80 días"

 

FINAL PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

 

O pasado sábado 9 de febreiro celebrouse nas instalacións de Monterrei a Final Provincial de Campo a través. Todo un éxito para @s nos@s atletas, xa que Usúe Bernárdez Jares acadou o primeiro posto en Benxamín feminino, e Mateo Lorenzo a terceira praza na categoría Benxamín masculino.

Noraboa aos dous polos seus excelentes resultados!!!!

 

5º: GREGUERÍAS

 

Se queredes apreciar a orixinalidade e a agudeza das greguerías d@s alumn@s de 5º entrade no seguinte enlace.

 

INFANTIL: REGALOS DE REIS

 

E cumprindo coa tradición, o primeiro día despois das vacacións de Nadal, @s nen@s de Infantil abren os regalos que lles trouxeron os Reis. Este curso portáronse moi ben, e senon comprobadeo no video!!

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut