Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

No arquivo adxunto poden consultar os libros que se lles adxudican ao alumnado de 3º e 4º. O reparto xa o facemos o primeiro día de clases.

O libro de inglés que se adxudica é o class book. Deberán comprar o Activity book.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/2020

Na primeira semana de xullo poden pasar pola secretaría do centro recoller os vales de adquisición de libros e material.

En breve publicaremos a adxudicación dos libros de 3º e 4º do Fondo Solidario de Libros de texto. O reparto farémolo en setembro.

As familias que sobrepasan o limiar da renda  están excluídas dos vales, pero participan no reparto de libros do fondo, pois o número de unidades existentes é superior ás solicitudes recibidas.

2º: CALENDARIOS 2019

 

Se queredes ter a man un calendario que mellor que este que elaboraron @s alumn@s de 2º de Primaria!!

 

6º INFANTIL : A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS

Cando saímos de Londres non nos olvidamos de levar os recordos máis significativos da cidade.

Chegamos a París e tivemos tempo de visitar os monumentos máis simbólicos da cidade (enlace).

Ao chegar a Italia aproveitamospara dar un paseo por Venecia (enlace). 

Dende Italia viaxamos cara ao Norte de África, ao Sáhara (enlace).

 Seguimos de viaxe, agora imos visitar Exipto e India... (enlace)

 

Durante a viaxe xurdiron moitos inconvenientes

que non nos permitiron visitar con calma o inmenso Oriente...(enlace)

 

 

E de China cruzamos o océano cara a San Francisco... (enlace)

 

Tivemos sorte e na nosa travesía topamos cos vikingos...(enlace)

 

Dando a volta ao mundo todo viaxeiro que se preze necesita un  pasaporte, ainda que ás veces houbo que facer moitas colas por afluencia de visitantes (enlace).

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O pasado 8 de marzo conmemoramos no centro o "Día internacional da muller" coa colaboración da Anpa e Sustinea, para reivindicar a igualdade e destacar a súa relevancia na sociedade. A actividade consistiu en recoñecer o labor de mulleres ás que se lle adicou algunha rúa nos barrios da cidade.

 

 

 

5º: ENCONTROS CO AUTOR

 

Co obxectivo de poñer en contacto directo aos escolares cos escritores  e ilustradores  e dar a coñecer de preto o seu traballo

@s alumn@s de 5º participaron na actividade "Encontros co autor". Este curso leron "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" de Iria Misa.

Neste enlace tedes a guía didáctica do libro:

https://www.xerais.gal/catalogos/proyectos_lectura/XG00286601_9999967819.pdf

 

1º: OS PRIMEIROS TRABALLOS

Mirade que ben escriben xa @s alumn@s de 1º, botádelle un ollo aos seus taballos!!  

3º e 4º: EXCURSIÓN AOS MUSEOS DA CORUÑA

 

A finais de febreiro @s alumn@s de 3º e 4º de Primaria viaxaron a Coruña para visitar a Domus, O Muncyt e o Aquarium.

 

 

 

5º: POEMAS POLA PAZ

 

Sempre é tempo de promover valores pola PAZ e a CONVIVENCIA. Lede os poemas pola paz d@s alumn@s de 5º.


 

2º: FESTAS POPULARES

Se queredes aprender algo sobre as festas populares mirade con atención as fotografías e vídeos dos traballos que fixeron @s alumn@s de 2º.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut