Skip to Content

Complementarias

GRADUACIÓN ALUMN@S 6º PRIMARIA: 2012/2021

Non podería faltar o acto de graduación d@s alumn@s de 6º de Primaria aínda nun curso tan complicado como este. O pasado 22 de xuño fíxoselle entrega da orla e banda conmemorativa.

MOITA SORTE A TOD@S DE PARTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!

4º: O MEU, O TEU O NOSO MUSEO

 

O Día dos Museos @s alumn@s de 4º de Primaria participaron nun obradoiro organizado polo Museo Arqueolóxico no que o reto era deseñar unha sala de exposición do futuro museo. Aquí tedes o resultado dos traballos!!

 

 

CONCURSO BOOKTUBERS DÍA DO LIBRO 2021

Tamén fixemos a entrega de premios ós booktubers que mellor promocionaron a lectura do seu libro favorito. Noraboa a estes grandes lectores!!

CONCURSO DE POESÍA: “MULLER TRABALLADORA: ROSALÍA PRECURSORA”

 

Con motivo do Día de Rosalía de Castro (24 febreiro) e do Día Internacional da Muller (8 de marzo) celebrouse un Concurso de Poesía para todos os cursos de Infantil e Primaria. O tema dos poemas é “MULLER TRABALLADORA: ROSALÍA PRECURSORA”. Os poemas tratan temas coma o papel da nai na familia, a muller no campo, a emigración, a morriña, a soidade, o folclore, a natureza, os costumes...
Aproveitando a semana dedicada ás Letras Galegas entregamos os premios ás/aos gañadores deste concurso. Noraboa a tod@s!!!

4º: DÍA DOS MUSEOS

 

Para conmemorar o Día dos Museos @s alumn@s de 4º paticipan nun proxecto colaborativo co Museo Arqueolóxico no que deseñarán as salas expositivas do futuro museo. Terán que traballar por equipos, dividir o traballo para escoller as pezas que se exporán na sala, documentalas, elaborar os carteis explicativos, deseñar a colocación e o percorrido da visita.

Todo un traballo de museólogos!!!

"AÍ VEN O MAIO!"

 

Na última semana de abril elaboramos o maio do colexio. A Anpa colaborou coa construción da base de madeira con forma piramidal e recuberta de tea de saco. A decoración do maio, dentro da modalidade de "maio creativo", correu a cargo d@s alumn@s de Primaria. O resultado foi espectacular!!

 

DÍA DO LIBRO 2021

Na semana do 19 ao 23 de abril conmemoramos o Día do Libro cunha morea de actividades, tanto na aula como fóra dela…

PROXECTO: COMUNÍCATE CUNHA AVOA/Ó

 
Dende o inicio do curso e coa colaboración da ANPA, o gabinete de psicoloxía Kybalión desenvolve un obradoiro de Resiliencia nos cursos de Primaria.
Froito desta colaboración nacen unha morea de proxectos encamiñados a mellorar o entorno social que nos arrodea. Proxectos creados pol@s alumn@s de 4° a 6° de primaria e que trataremos de implementar pouco a pouco.
O primeiro proxecto co que arrancamos  chámase "Comunícate cunha  avoa/ó". Puxémonos en contacto cunha residencia de anciáns e asignouse unha anciá/án por curso, coa que nos cartearemos para intercambiar experiencias e promover valores de solidariedade. Xa recibimos a primeira carta, moi emotiva e motivadora para @s alumn@s. Agora tócanos responder, @s nos@s anciáns esperan con impaciencia...
Empregaremos o correo postal para os envíos, así recuperamos un xeito de comunicación case en desuso.




 

POLA IGUALDADE!!

 

Tamén celebramos no colexio unha xornada pola Igualdade coa colaboración de Dinamo Xestión: contacontos en Infantil e 1º Ciclo de Primaria ("Non máis princesas") e Xincana pola Igualdade para 2º e 3º Ciclos de Primaria.

                                 

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado 8 de marzo celebramos no colexio o Día Internacional da Muller cunha exposición colectiva na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. @s alumn@s de Primaria documentaron fichas de mulleres pioneiras e senlleiras nos distintos ámbitos da sociedade (ciencia, educación, arte, cultura...). E @s alumn@s de Infantil aportaron á exposición as mulleres das súas familias.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut