Skip to Content

Educación Infantil

S. VALENTÍN NO CURROS

 

Os alumnos de Infantil de 5 anos celebraron o día de S. Valentín, e elaboraron estes corazóns cos que demostrarlle o moito que lle queren a mamá e a papá.

Clicade nas fotos para amplialas.

 
   

DÍA DA PAZ EN INFANTIL

 

 

O 30 de xaneiro conmemoramos o día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Para elo, en Infantil elaboramos estes murais que podedes ver neste vídeo 

 
   

HAI UN BONECO DE NEVE NO COLE?

 

Co frío chegou este boneco de neve que elaboraron na clase de Infantil de 3 anos,

acompañado polos pingüíns para que teña con quen xogar.

   

OS REIS PASARON POLO COLE....!

 

Que sorpresa cando despois das vacacións de Nadal os nen@s de Infantil atoparon...

OS REGALOS que lles deixaron os REIS MAGOS!!

 
Clicade nas fotografías para amplialas    

O APALPADOR

 

 

Os nen@s de infantil tamén coñeceron a figura do Apalpador,

ese xigante da montaña lucense do Courel que visita aos pequen@s a noite do 24 de decembro,

para ver se comeron abondo durante o ano e deixarlles algún regalo.

 
   

OS NOSOS ARTISTAS

 

Na clase das froitas remataron o proxecto "Os nosos artistas" adicado a pintores e escultores da nosa cidade.

Os nen@s son os verdadeiras artistas destas obras.

 

Clicade na fotografía para ver o libro do proxecto

   

UNHA VIAXE ESPACIAL

 O curso pasado os alumnos de Infantil de 5 anos, que agora están en 1º de Primaria, elaboraron este proxecto sobre o sistema solar, que agora vos imos mostrar.

Feliz viaxe espacial...

 

 

Clicade na fotografía

   

ARCIMBOLDOS

 

Os alumnos de 5 anos elaboraron estes retratos utilizando froitas, verdadeiros arcimboldos do śeculo XXI. Sabedes quen era Arcimboldo?

Clicade aquí para coñecelo a través das súas pinturas

 

 Clicade nas fotografías para amplialas

 

 

OS ARTISTAS DA CLASE DAS FROITAS

 

 

 

Os alumn@s  de infantil de 5 anos están feitos uns artistiñas, e senón mirade este video cos seus autorretratos

   

XA VEN AHÍ O SAMAÍN

 

 

Os alumnos de Infantil do Curros Enríquez tamén conmemoran o Samaín. E para que bailen os espíritos montamos este video musical.


Se queredes ver as fotos de todos os traballos que decoran a entrada ao castelo das pantasmas, clicade aquí

 

 En Primaria tamén bailamos cos espíritos; facede clic na fotografía para ver os seus traballos  
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut