Skip to Content

Complementarias

DÍA DE ROSALÍA 2022

A partir deste curso toca conmemorar a Rosalía de Castro o 23 de febreiro, data do seu nacemento.

O ENDLG deseñou un photocall cos datos biográficos da nosa autora máis senlleira e coa súa obra máis importante.

Non quedou ninguén sen fotografar con Rosalía!!

"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."

Rosalía de Castro

 

INFANTIL E PRIMARIA: REPARTO FROITA

Rematou o 1º período de reparto de froita, volveremos co reparto de leite (envases de 200 cc) en marzo. E no mes de maio iniciaremos o 2º período de reparto de froita con novas variedades!!!

11F: DÍA DA MULLER NA CIENCIA

@s alumn@s de 5º de Primaria participaron na charla da investigadora Andrea Mouriño, especialista en Prehistoria. Experimentaron co arte rupestre, concretamente coas pinturas prehistóricas, manipularon os pigmentos e mesturáronnos con aglutinantes que se empregaban na prehistoria e pintaron algún motivo representativo deste tipo de arte.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2022

Achegamos a programación do Entroido deste ano para contaxiar á comunidade educativa do espírito festivo destes días, para dar a coñecer as actividades que celebraremos e sobre todo para coñecer os mandadiños do meco que teremos que cumprir nestes días.

Bo Entroido para tod@s!!

DÍA DA PAZ 2022

Este ano para conmemorar o Día da Paz levamos adiante unha campaña de vacinación contra a violencia e a intolerancia. No pdf podedes ver as distintas fases da campaña e os actos que se desenvolveron.

Por un 2022 cheo de Paz e Respecto!!

FESTA FIN DO TRIMESTRE: "PRISCILA" + CHOCOLATADA

Como colofón a un trimestre marcado tamén pola pandemia, un remate lúdico coa actuación do grupo "Priscila". En tres funcións @s alumn@s de Curros puideron asistir a un espectáculo onde non faltaron cancións consagradas e temas navideños!

E trala función unha boa chocolatada!

 

NADAL 2021

Xa chega o Nadal, e o colexio vístese de gala para recibilo.

Cos mellores desexos para toda a comunidade educativa,

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

CONMEMORACIÓN DO 25N

Dende o ano 2000 a Asemblea Xeral da ONU designou o 25 de novembro como o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Comunidade Educativa do noso centro participa na conmemoración deste día aportando o seu gran de area. Este curso representamos no patio as bolboretas como símbolo desta loita e realizouse un acróstico na biblioteca.

 

MAGOSTO 2021

O día 12 de novembro, a seguir do S. Martiño, celebramos o Magosto no colexio. Xogos, carreiras, castañas...

Pasámolo moi ben!!

  

PROXECTO: "COMUNÍCATE CUNHA AVOA/Ó"_2º ENVÍO

Continuamos co proxecto "Comunícate cunha  avoa/ó", e despois da 2ª carta que recibimos d@s avoas/ós da Residencia de Esgos, chega o momento de responder. Todo un exercicio de imaxinación e cariño para @s nos@s anciáns de Esgos, que tantos valores fomenta no noso alumnado!!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut