Skip to Content

Educación Infantil

MERENDA DOS FROITOS DE OUTONO

 

@S NEN@S de Infantil de 3 anos celebraron no cole a merenda dos froitos do outono. Rico, rico...!!!

Comeron avelás, améndoas, noces, mazás, peras, grandas, uvas e marmelo. Todo riquíiiiisimo!!!

Pero o que máis lles gostou forn as améndoas e as avelás, que desapareceron nun abrir e cerrar de boca; nunca mellor dito!!

 
   

AS ESTRELAS DE INFANTIL

@s alumn@s de Infantil fixeron estas estrelas de Nadal coa colaboración das nais/pais.

Podedes miralas polo miudo no álbum fotográfico.

   

OS DE INFANTIL DE 4 ANOS NO CONTACONTOS

Como os de 4 anos xa se senten maiores, queren dar a volta ao mundo con Peky. Para ir collendo folgos Sabela contoulles un conto de "maletas". Máis adiante elaborarán eles o seu propio conto. 

 

 

VAN GOGH E OS DE INFANTIL DE 4 ANOS

Entre azuis e amarelos andiveron os alumn@s de 5º de infantil para pintar estes cadros de Van Gogh que tanto locen na galería de arte na que se convertiu a aula. Entrade e ollade, non volo perdades...

 

 

   

AÍ VEN O SAMAÍN...!!!

Neste outono tamén celebramos o Samaín. Brincamos e bailamos con esta música tan marchosa que podedes oír nos vídeos dos traballos que fixemos en Infantil e Primaria: pantasmas, cabazas, espíritos...  Que ben o pasamos!!!

   

CHEGOU O OUTONO

 

Chegou o outono e os alumn@s de Infantil fixeron un montón de traballos para celebrar a caída da folla. Mirade neste enlace os traballos.

E tamén, como non, chegou o outono en Primaria, senon mirade a recolleita de froitos que fixeron os de 2º

 

                                                                                                        

     

VIAXE A LODOSELO

Os alumn@s de 5º e 6º de Infantil pasamos un día fantástico na aldea de Lodoselo (Sarreaus). Mirade todo o que fixemos e o ben que o pasamos...

Clicade na fotografía para vernos.

   

VAI CHEGANDO A PRIMAVERA

Como podedes ver a primavera vai chegando pouco a pouco,

e os nosos corredores e aulas énchense de color...

Facede clic na fotografía para ver todos os traballos.

        

 
   

CORRELINGUA 2014

Pasiño a pasiño, peciño a peciño, @s alumn@s de E. Infantil do CEIP Curros Enríquez participamos no concurso do Correlingua para ir afianzando o camiño da nosa lingua.

Este é o traballo que fixemos, clicade na fotografía para velo.

ourense

VAISE O INVERNO?

 

Agora que parece que se vai o frío e a chuvia,

aí vai a última entrega dos traballos do inverno dos alumn@s de Infantil.

               

   
Distribuir contido


by Dr. Radut