Complementarias, Festival de Nadal, Día da Paz, Voz Natura, Entroido, Festival fin de curso

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores 18 de maio celebramos no Auditorio de Celanova o Día das Letras Galegas coas  actuacións do grupo de teatro e a súa función "O Elixir", pandeirado por parte dos alumnos de pandeireta, actuación do grupo musical Little Band, presentación da curtometraxe "Diamantes" e a presentación do libro de teatro "Facendo Teatro" realizado polos alumnos/as de 5º e 6º. 

                  Para ver as fotos pincha na imaxe. 

ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

Os días 26, 27 e 28 de abril os alumnos/as de 1º a 6º participaron nunha sesión de actividades medioambientais na Carballeira de Santa María.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

DÍA DO LIBRO

O venres 22 de abril celebrouse O Día do Libro coa actividade de "Apadriña un Lector". Os alumnos/as de 3º a 6º de EP escolleron un libro na biblioteca e léronllo aos alumnos/as de Infantil, 1º e 2º distribuídos por distintos recunchos do patio. 

Para ver as fotos pincha na imaxe

VISITA DOS BOMBEIROS

O mércores 27 de xaneiro recibimos a visita dos bombeiros de Celanova. Déronnos unha charla sobre como previr os incendios na casa. Despois fixemos un simulacro de evacuación e xa no patio poidemos disfutar de distintas actividades que nos tiñan preparados.

Se queredes ver as fotos pincha na imaxe.

DÍA DA PAZ 2016

PREME NA POMBA PARA VER O VÍDEO DO DÍA DA PAZ

NADAL 2015

Pincha nos enlaces para ver as fotos das distintas actividades que fixemos no Nadal.

15 e 16 de decembro: FUNCIÓN NADAL

17 de decembro: TEATRO "O ESPANTALLO AMIGO"

18 de decembro: PANXOLIÑAS E VISITA DE PAPÁ NOEL.

O MAGOSTO

O mércores 11 de novembro celebrouse o magosto cunha degustación de froitos de outono e castañas asadas, e unha sesión de xogos populares no patio.

Para ver o ben que o pasamos pincha na imaxe.

HALLOWEEN - SAMAÍN

Os días 28 e 29 de outubro celebrouse a  festa de Halloween-Samaín cunha gran exposición de manualidades na entrada do colexio. Ademais houbo: un obradoiro de maquillaxe para os nenos/as de EI, un obradoiro de cociña terrorífica nas clases de 1º e 2º, visionado do vídeo-conto "La leyenda del espantapájaros", exposición de libros de medo na biblioteca, e un terrorífico túnel do terror.

Se queredes ver as fotos pincha nas distintas imaxes.

O DÍA DO EXAME

NON TE PERDAS

A NOSA ÚLTIMA CREACIÓN AUDIOVISUAL

É DE MEDOOOO!

MÁIS FOTOS

Pincha nos enlaces para ver as últimas fotos do curso.

A REVOLTA DOS XOGUETES

FERMOSA FUNCIÓN

DO GRUPO DE TEATRO DO COLEXIO

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Pincha nos enlaces para ver as fotos das distintas excursións.

PROXECTO VOZ NATURA III

CONTINUAMOS COA POSTA EN VALOR DA CARBALLEIRA DE SANTA MARÍA

TERCEIRA FASE curso 2015-2016

Durante este curso realizamos as seguintes actividades:

Distribuir contido