EXPERIENCIAS CON MESTURAS

No laboratorio de Ciencias os alumnos de 6º de EP realizamos varias experiencias de

SEPARACIÓN DE MESTURAS E DISOLUCIÓNS

a)SEPARACIÓN POR ATRACCIÓN MAGNÉTICA

Fixemos unha mestura de limaduras de ferro e area. Despois pasamos a separalas coa axuda dun imán que atraía as limaduras de ferro.

 

 

b) SEPARACIÓN POR FILTRACIÓN

Preparamos unha mestura de auga e area e despois separámolas vertendoo todo nun embudo cun papel de filtro. Dese xeito a area queda no papel de filtro e a auga sepárase nun vaso de precipitados.

 

c) SEPARACIÓN POR DECANTACIÓN

Mesturamos aceite e vinagre e vertímolo nun embudo de decantación. Observamos que o aceite qedaba situado na parte superior e o vinagre na inferior. Abrímoslle ao embudo para que saira o vinagre. Cando xa so quedaba aceite pechámolo e dese xeito quedaron separados.

 d) SEPARACIÓN POR DIFERENCIA DE SOLUBILIDAD

Mesturamos area, sal e auga. O obxectivo é separar a area e o sal. Engadímoslle a auga porque sabemos que o sal se disolve nela. Dese xeito cando filtramos a mestura quedounos no papel de filtro a area e no vaso de precipitados a auga salgada.

 e) SEPARACIÓN POR DESTILACIÓN

Vertemos nun matraz un pouco de viño e quentámolo. A finalidade da práctica era separar o alcol que contén o viño. Para iso tivemos que estar moi pendentes que a temperatura do líquido non baixara dos 73 grados centígrados (temperatura á que se evapora o alcol) nin acadara os 100 grados centígrados (temperatura á que ferve a auga). Cando o alcol se evapora pasa por un tubo arredor do cal está correndo auga para que arrefríe e se condense. Unha vez realizado este percorrido conseguimos separar o alcol do viño.

f) SEPARACIÓN POR CROMATOGRAFÍA

Nesta práctica separamos os compoñentes dunha folla. O primeiro paso foi triturar o trozo dunha folla, engadirlle un pouco de alcol e quentalo. Vemos que a clorofila se disolve no alcol. Filtramos e obtemos unha disolución de clorofila bruta (formada por carotina, xantofila e clorofila pura). Sumerximos un trozo de papel de filtro e vemos que o líquido ascende e aparecen as cores que indican a presenza dos distintos compoñentes. Engadímoslle un pouco de bencina, que disolve a clorofila pura mentres que os outros dous compoñentes quedan disoltos no alcol. Deste xeito demostramos que a clorofila ten polo menos tres compoñentes. 

 g)COMPROBACIÓN DA LEY DE LAVOISIER

Queríamos comprobar que nunha reacción a masa dos reactivos é a mesma que a masa dos productos. Introducimos nun vaso un pouco de vinagre e nun globo un pouco de bicarbonato. Tapamos o vaso co globo con cuidado que non caera o bicarbonato no vinagre. Pesamos o vaso e cando tivemos a sua masa exacta axitamos o globo para q reacionaran o vinagre e o bicarbonato. Desa reacción desprendeuse un gas que inflou o globo pero puidemos ver que o vaso seguía pesando o mesmo.

h) QUÉ É A DENSIDADE

Nesta práctica aprendemos a calcular a densidade dunha bola de metal. Primeiro calculamos o seu volume nunha probeta con auga. Despois calculamos a súa masa nunha balanza. Unha vez conocidos estes datos dividimos a masa entre o volume e obtemos a densidade.