PLAN LECTOR : Os tres camelos dos reis

Os tres camelos dos reis
ó chegaren a Galicia,
como non viron deserto,
morrían os tres de risa.
E, ó veren tanta auga
nos regatos e nas rías,
_¡Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!
Melchor toca unha gaita,
Baltasar un tamboril,
o Gaspar, que non é músico,
alumea cun candil
.