SOMOS CONTACONTOS
Fai xa algúns días deu comezo a actividade "Somos contacontos".
Como xa sabedes, o alumnado voluntario da biblio prepara unhas dramatizacións de fermosos contos.
Este curso empezamos con "Corre corre, cabaciña".
Ademais de escoitala en inglés por Ellen, a nosa auxiliar de conversa, os nenos e nenas de 6ºA que se anotaron ao voluntariado de lectura prepararon a historia para todo infantil.